M?rcoles, 25 de Novembro de 2009

Por fin parece que para o PP o BNG perdeu os cornos e o  rabo. O pleno do Parlamento aprobou por unanimidade  a proposición de Lei presentada polo deputado nacionalista Fernando Branco  para reformar a Lei de caixas de aforro de Galicia.

O apoio do PP a proposición do BNG causou sorpresa xa que inicialmente o portavoz do PP quixo eliminar esta iniciativa da orde do dia da  xunta de portavoces.

Algo estraño debe pasar, será a presa que teñen no tema dafusión de Caixa Galicia (onde ten maioría o PP) e Caixanova (onde domina o PSOE), aínda que o mellor queren dar unha de cal e outra de area; para que se o  presidente non consegue a fusión entregarlle Caixa Galicia a Esperanciña  Aguirre (Caja Madrid) e ter contento ou entretido o BNG por aprobarlle unha  proposta súa.

En breve teremos a resposta...


Tags: parlamento, galicia, BNG, lei, caixas, proposición

Publicado por penadopico @ 7:14  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios