Martes, 17 de Novembro de 2009

O presidente da Xunta de Galicia acaba de avanzar que vai aprobar a  Lei de comunicación audiovisual para adaptar o marco normativo galego ás modificacións das normas estatal e europea; e a  reforma da Lei de creación da CRTVG para garantir o protagonismo do Parlamento no nomeamento do director xeral.

Espero  que esta modificación supoña que o director da CRTG, así como o director/a da  televisión e da radio sexa unha persoa independente e que estes medios sexan neutrais e  non beneficien sistematicamente o goberno.

Non pagamos tódolos galegos estes servizos públicos?, pois entón temos todos os mesmos dereitos de información.

Entón non se faría o que fixo a directora da televisión de Galicia (coñecida como a telegaita), a un dos cámaras que acompañaba o presidente sustituíuno por ser membro do sindicato CC.OO. O interesado puxo a correspondente demanda no xulgado e o xuíz deulle a razón.

É moito a parcialidade deste goberno, que se rebaixen a mover a un simple cámara de televisión  é  de vergonza, pero se ve que a señora directora nin  a ten, nin  sabe o que é iso.


Tags: crtvg, galicia, audiovisual, radio, televisión

Publicado por penadopico @ 7:39  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios