Venres, 13 de Novembro de 2009

Como todo o mundo sabe o bipartito gobernou en Galicia durante uns tres anos e medio, nese tempo moitos dos funcionarios destinados en prazas de “libre designación”,  foron cesados e substituídos por outros, dado que son persoas de confianza que  poden ser cesadas libremente en calquera momento.

Nun  destes postos atopábase a muller dun  deputado e concelleiro do PP, que foi cesada. Motivo, vexamos: chegar a oficina unha hora mais tarde da hora de entrada, non realizaro traballo que lle correspondia facer ...

O  PP gañou as eleccións e dita funcionaria foi reposta, polo seu partido,  na praza na que fora cesada. Un día un compañeiro o que lle encomendaron un traballo que realizaba esta funcionaria no tempo que  estivo cesada, foille preguntar como se facía ese traballo, e saben vostedes  que lle contestou: “...si eso lo hacía yo, pero ya me olvide de como se hacía”.

Señores  e señoras se este é a aptitude e o interese que demostran pola administración  os que estan  gobernando, que podemos esperar desta administración e dos dirixentes do PP?


Tags: administración, galicia, funcionaria, deputado, concelleiro

Publicado por penadopico @ 7:42  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios