M?rcoles, 11 de Novembro de 2009

O diario El Progreso do domingo, fai unha descrición do probable candidato do PP a alcaldía de Lugo, o concelleiro e deputado JaimeCastiñeira. Eu diría o eterno candidato: candidato a conselleiro, despois a director xeral, logo a delegado e finalmente so quedou en portavoz da comisiónde vivenda do Parlamento.

Lendo o artigo, vexo que moitas veces do que sae na prensa a realidade hai un treito.  Di que estudou grazas as becas, si grazas as becas, e a uns profesores que se interesaron por  el, que lle axudaron desde cubrirlle as solicitudes das becas ata buscarlle o centro que mais lle podía interesar e incluso dándolle traballo nas vacacións, etc, etc. Pero claro agora diso nin se recorda, agora so esta aí pola súa valía persoal, ja… ja… ja…

Mirémolo friamente, quizá ten mais que agradecerlle a estes profesores que os propios pais, e se é o que é, e esta onde esta é grazas a  axuda cós profesores lle prestaron no seu momento, pero o mellor nin as grazas  lles deu.

Di o refrán señor Castiñeira "De ben nacidos é ser  agradecidos", éo vostede?

 


Tags: alcalde, concelleiro, candidato, lugo, PPG

Publicado por penadopico @ 7:38  | politica
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
Publicado por Invitado
Domingo, 28 de Febreiro de 2010 | 23:15
Par?ceme que non lle falta raz?n, segundo as mi?as informaci?ns ? as?. Mais, simultaneou outras ocupaci?ns para medrar: empresa privada de tasaci?n relacionada co seu posto de funcionario no catastro (case sempre baleiro). Hai que ser listo!