Xoves, 05 de Novembro de 2009

En Lugo teñen unha xuíza, moi traballadora é a Garzón de Lugo, tanto investiga as irregularidades na tramitación de  multas da Xefatura Provincial de Tráfico, como detén o alcalde e  concelleiros de Castro de Rei  e a unha das vicepresidentas da Deputación, así como un funcionario desta.

Dáme a risa, todos sabemos que hai alcaldes deses que levan 15, 20 anos nos cargos e fixeron e fan toda clase de trasnadas e a eses ninguén  os detén, nin ninguén os investiga e a uns novatos que chegaron hai dous días o cargo xa foron detidos; que roubaron? canto prevaricaron?

A min gustaríame dicirlle a señora xuíza que investigue por outros lares  que seguro que aí si que hai moito que limpar, se se atreve, claro.

Tags: xuiza, lugo, detención, concellal, prevaricar

Publicado por penadopico @ 7:54  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios