Xoves, 29 de Outubro de 2009

No consello da semana pasada aprobouse o decreto que regula o plan de vivenda 2009-2012, o presidente da Xunta vendeuno como que ía crear 40.000 posto de traballo.

Permítanme que me ría ja, ja, ja…, este plan non  é algo novo. Cada catro anos a administración do estado saca un novo plan de vivenda, para a construción, compra e  rehabilitación de vivenda.  A Xunta ó único que fai, e fixo sempre, é complementar o plan do estado con unha pequena axuda autonómica no caso da compra de vivenda ou no caso das ARIS e ARUS, no resto dos casos o diñeiro pono  o estado. Vexamos:

Construción de vivenda polos promotores: os créditos son concedidos polos bancos, a través de convenios que establece o Ministerio de Vivenda cas entidades financeiras.

Adquisición de vivenda nova ou  usada: o crédito é do convenio do banco co ministerio, e a subvención parte dáa  o Ministerio e parte a Xunta.

Rehabilitación de vivendas: as axudas son integramente do Ministerio.

ARIS e ARUS: parte da axuda corresponde o Ministerio e parte a Xunta.

En definitiva isto non é nada  novo, é un plan similar os anteriores que xa houbo, so que o anterior estaba  rematado e había que aprobar un novo que por certo aprobase con bastante  retraso, xa que o plan estatal saíu xa o ano pasado.

Un apunte para Feijoo: o anterior plan de vivenda 2005-2009, a comunidade que mellor xestionou e cumpriu  os obxectivos foi GALICIA, mal que lle pese o señor Boné e o señor Hernandez.


Tags: vivenda, rehabilitación, venda, compra, xunta, bone, hernández

Publicado por penadopico @ 8:00  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 27 de Outubro de 2009

O A8 blindado de Touriño xa ten novo dono, si parece ser que é  Noyasport, S.L., ben coñecido na Xunta de Galicia xa que é o concesionario de citroen enSantiago.

Era de esperar os vehículos da  xunta, como  dixo o presidente, teñen que  ser citroen, entón non quedaba outro remedio, a cousa seguro que xa estaba negociada antes de saír, para iso cando era portavoz da oposición lle deixaron un citroen.

Agora solo podemos viaxar en citroen, aínda que eses citroen veñan de Francia,  fabricados nas terra de  Sarkozy, este debe ser o modelo a imitar de Feijoo.

Pérdese diñeiro, tanto no coche de Toriño como no resto que non se venden, non hai compradores, pero seguro que  o concesionario citroen esta disposto a mercalos a moi bo prezo.

En seis meses Feijoo derrubou: gratuidade libros texto, galescolas, galego, complemento pensións noncontributivas, concurso eólico, software libre… pódese facer mais en menos tempo?

Aínda quedan 46 meses…  


Tags: coche, blindado, feijoo, touriño, citroen

Publicado por penadopico @ 13:49  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 26 de Outubro de 2009

Chegou o PP o goberno e xa recortou a axuda de 200 € que o BNG puxera en marcha como complemento as pensións non contributivas. O importe medio destas pensións esta en torno os 300 €  mensuais, vaia millonada!

51.000 pensionistas vanse quedar  sen dito complemento.

O goberno vótalle a culpa a crise  económica, a austeridade e que teñen que priorizar.  Vaia por deus, os pensionistas  non lles afecta a crise segundo o punto de vista de Feijoo e por iso lles rebaixa a pensión. 

Pois eu diríalle  o señorito Feijoo que el e todo o seu goberno, conselleiros, asesores, altos  cargos, presidentes de organismos autónomos, empresas públicas…,  se rebaixen o  soldo e co que se quiten que lle paguen os 200 € os pensionistas, porque eles  gañando 80.000 €, 90.000 € anuais, (dietas e asistencias a consellos de administración  van a parte)  ben se poden baixar o soldo un 20%, e seria por unha boa causa,  pensen que  os obreiros  teñen que arranxarse con moito menos.


Tags: pensións, non contributivas, orzamentos, galicia, feijoo

Publicado por penadopico @ 11:56  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 21 de Outubro de 2009

O director xeral de política lingüística da Xunta deGalicia, di que a  partir do vindeiro curso as clases serán en: castelán, galego e inglés.

Eu pregúntolle o señor Lorenzo:  cantos alumnos de infantil, primaria, secundaria e bacherelato dominan o inglés para poder dar toda unha clase nese idioma?

Fixo o señor Lourenzo e o señor Feijoo algún estudo sobre a porcentaxe de fracaso escolar que imos ter por non dominar o idioma, ou acaso, farán tradución simultánea?

Teñen profesores preparados para dar as clases en inglés? Contratarán  tradutores?

Ou todo é unha cortina de fumo para dar as clases en castelán,  e contentar os seus amigos de Galicia monolingüe?

Mentiras, mentiras e mais mentiras…


Tags: ensino, bilingüe, trilingüe, galego, lorenzo, idioma

Publicado por penadopico @ 7:45  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 20 de Outubro de 2009

Leo no diario “El Pais” que a conselleira de Facenda solo chegar ó goberno da Xunta mandou facer auditorías externas de: Portos deGalicia, Igape, CRTVG, Sogama, … pero non vexo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, non sei se é un erro e non aparece ou é que a este organismo a señora  conselleira considera que funciona ben e non o vai auditar.

Así mesmo, di que van loitar contra o fraude, xa que moitas  débedas que se reclaman os cidadáns terminan prescribindo e sen cobrar.

Mal se pode ingresar se non se reclaman, por exemplo no IGVS, hai xente que leva 3, 4, 5 ou mais anos vivindo sen que lle facturen un euro. Teñen xente nas vivendas que non paga o crédito, ou non paga o aluguer e ninguén di nada, nin se lles reclama nada, nin os desafiúzan, o que é inxusto para os que si pagan, e despois teñen a pouco vergoña de dicir que o IGVS pode quebrar por culpa da xestión do bipartito, cando eles estiveron dirixindo o IGVS e nunca se preocuparon da débeda que tiñan.

Os actuais dirixentes nunca tiveron interés en cobrar as débedas, nin en inspeccionar, nin en abrir expedientes sancionadores, nunca tramitaron  ningún e non van empezar agora  que o que hai que facer é ir a caza do voto.

Así estamos os galegos gobernados, por persoas que o único que lles interesa é engordar os seus bolsos e a boa administración  é cousa doutros.

Tags: xunta, débeda, vivenda, galicia, igvs

Publicado por penadopico @ 7:34  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 19 de Outubro de 2009

A Quintana

Non estaba Carlos Negreira (man dereita de Feijoo desde a Consellería de Sanidade, pasando por Correos ata a CPTOPV), non estaba Corina Porro, non estaba Alfonso Rueda, nin Ana Pastor, pero Galicia falou alto e claro "Queremos Galego".

Tódalas formacións políticas galegas, menos o PP, apoiaron a manifestación celebrada onte a favor do idioma, incluso asistiron militantes e  simpatizantes do PP, a titulo persoal.

Ata cando este PP reaccionario e anti-galeguista que nos goberna seguirá na sua atalaia sen escoitar o pobo?

O “Prestige” foi a tumba de Fraga, pode ser o idioma a tumba de Alberto Nuñez?

Fraga tiña o apoio unánime do partido, sen embargo Feijoo non o ten. Feijoo chegou o PP como un técnico, durante moito anos non estaba afiliado, chegou o poder e fixo un goberno de técnicos mediocre, basta mirar o  seu arredor para ver que se rodeou de persoas sen moita experiencia e incluso  os que a teñen, algúns teñen un pasado dubidoso de todos  coñecido.

Terá Feijoo o apoio indiscutible das bases do PP?

Xa vemos o que esta a acontecer en Ourense, Baltar afia  os  coitelos, mentres o resto están acazapados esperando o que pasa para saltar a  area ou quedarse  nos toriles.

Pode ser o “galego” o verdugo de Feijoo?


Tags: idioma, galego, galicia, feijoo, manifestación, compostela

Publicado por penadopico @ 8:01  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 17 de Outubro de 2009

Golpe de efecto no PP de Ourense, José Manuel Baltar Blanco comunica ante a prensa a súa intención de presentarse a presidente do PP de Ourense, salvo que se presente o seu pai.

Feijoo, non quería que continuase Jose Luís Baltar, pero este sempre dixo que cando se fose sería voluntariamente,  que a el ninguén o botaba e se alguén o intentaba que se revelaba, pois aquí esta  a mostra.

Baltar sempre quixo colocar o seu fillo: de conselleiro, de delegado,…  pero ata agora non o consígueo. Se el se  vai o fillo queda orfo, polo tanto é o momento de colocalo, poñelo a fronte do partido en Ourense.

Baltar sempre foi moi listo, coñece ben todo o entramado da política,  sabe que Feijoo o  necesita se quere seguir gobernando en Galicia.

Baltar júnior preséntase asegurando que dispón dun proxecto “atractivo, centrista e galeguista”, xa o estou vendo,  xusto no outro  estremo do actual PP de  Feijoo “dereita reaccionaria e anti-galeguista”.

Estou seguro que Baltar júnior non esta solo, probablemente ten apoios na ala galeguista do PP en Lugo e enPontevedra, non estaría tan claro en A Coruña.

Apostamos para ver se o  goberno Feijoo acaba a lexislatura?


Tags: baltar, ourense, PPG, órdago, congreso

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 15 de Outubro de 2009

O final aínda imos ter un Gürtel en Galicia.

Agora segundo di a prensa (Xornal e o Pais),  parece ser que  a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), mercou un local para sede no mesmo edificio,  na mesma época e ó mesmo construtor que vendeu un local o PP para montar a súa sede en Santiago.

En principio era un aluguer con opción de compra, pero con unha opción que no caso de mercar os locais, descontábase  o aluguer.

As empresas as que se lles mercou os locais son Kotlas y Gestinfor de Inversiones, sería conveniente investigar quen son os accionistas destas empresas.

Parece ser que o desfase é de cerca de un millón de euros.

Segundo os datos facilitados,  o PP compra a moi bo prezo, pero a administración gobernada polo PP, véndenllo a prezo de ouro, claro pagamos todos.

O señor Bouzada director do Fegas,  ten a pouca vergonza de dicir que foi un erro do funcionario de cortar e pegar. Que pena que o funcionario non conserve o orixinal que lle deron!  Agora a culpa é dos funcionarios, os políticos so saben cobrar e asinar sen saber o que asinan.  Eu diríalle o señor Bouzada: “a  muller do cesar a parte de ser honrada ten que parecelo”.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sergas/dio/contratos/800000/euros/promotora/sede/PP/elpepuespgal/20091014elpgal_4/Tes

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/14/politica/sanidade-reconece-desfase-na-sede-fegas-oculta-parte-da-operacion/2009101323254922825.html

 


Tags: fegas, partido popular, bouzada, sede, galicia

Publicado por penadopico @ 7:03
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 13 de Outubro de 2009

O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade eBenestar revisará o proceso de selección de persoal, xa que parece ser que este era unha axencia de colocación do BNG,  agora pasará a ser unha axencia do PP.

Roberto Rodríguez, sinalou que iniciarán un proceso de “revisiónde oficio” das bases das últimas oposicións feitas polo goberno bipartito.

Di o xerente  que este consorcio funcionaba ao marxe da administración autonómica e que o facía para colocar os seus amigos e para adoutrinar os nenos galegos que acudían as galescolas, non sabia eu que un rapaz de 1 ou 2 anos se pode adoutrinar.

O señor Roberto, ve a palla no ollo alleo  pero non ve a viga no seu, qué fai o señor Baltar na deputación de Ourense, qué fixo o señor Cacharro en Lugo, qué fai o señor Louzán en Pontevedra? Qué fixeron os   distintos gobernos Fraga?

Direille o señor Roberto que gobernando Fraga nas oposicións, houbo quen sacou un 10 en informática sen saber nada de informática, tamén houbo quen sacou un 10 en galego cando outra xente mais preparada non acadou esa nota, e xente que aprobou exames sen estudar, porque antes alguén llos filtrou.

E non falemos xa das asistencias técnicas, esas que tanto lle gustan os altos cargos para contratar empresas de amigos, e despois colocar nelas os seus enchufados, ou mesmo colocar os amigos nas empresas públicas;  non sabe nada desto o señor Roberto?

Señor Roberto todo isto faino e fíxoo o PP, así que, o mellor é mellor que se quere limpar debaixo das alfombras, empece limpando as propias. Espero señor Roberto que entón as probas sexan obxectivas con exames tipo test e sen entrevista, e os cursos, postgraos. experiencia... non sexan feitos a medida como teñen a costume de facer.


Tags: bng, ppg, consorcio, emprego, galego

Publicado por penadopico @ 7:46  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 12 de Outubro de 2009

 

O presidente da Xunta de Galicia visitou o venres pasado Lugo, como é habitual entre todos os altos cargos da Xunta (goberne quen goberne) ninguén pode pasar sen ir a comer o polbo nas festas  do San Froilán e iso que estamos en tempo de crise, para elo invéntase unha  visita institucional e xa esta arranxado o asunto.

A desculpa desta vez, era que foi participar na apertura simbólica dunha porta da muralla, e posteriormente déronlle unha voltiña pola muralla e o barrio da Tineria que leva anos rehabilitándose e aínda   queda moito por facer.

Perfectamente flanqueado polo  mundo do ladrillo, percórreo a muralla. Do lado dereito ía Jaime Castiñeira, xa saben ese que ata fai pouco era deputado, concelleiro, empresario relacionado coa construción, funcionario e membro do COAAT,  no lado esquerdo o  actual director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ese que fai uns anos foi de número dous nas eleccións ao concello de Lugo ademáis  era delegado provincial da consellería de Política Territorial, e antes de tomar posesión  deu a espantada presentando a dimisión,  aparte ten intereses  no mundo da construción dado a súa profesiónde arquitecto.

Din que Castiñeira pode ser o posible candidato a alcalde de Lugo polo PP, se fose el o candidato seguro que o mundo da construción estaría encantado dado a súa gran relación con este  sector e seguro que lle acompañaba o seu amigo Bone como concellal de urbanismo,  pero ollo que o señor Bone  se non goberna dimite, este señor se non hai tallada desaparece.


Tags: lugo, visita, san froilan, bone, castiñeira

Publicado por penadopico @ 10:06  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 10 de Outubro de 2009

As mocións de censura non paran. Parece  ser que a derradeira é a de Láncara, un pequeno concello da provincia de Lugo.

Nótase que as eleccións municipais están a volta da esquina e os corredores empezan a ocupar posicións  coa  vista  posta nas próxima cita electoral. Todos queren coller a mellor posición  para chegar con vantaxe, pero moitas veces estas mocións de censura o que fan é  arrastralos  máis  abaixo na oposición.

En Láncara era unha unión que  estaba cantada. O portavoz de TEGA,  era un home do PP de toda a vida, salvo que  era cacharristas e como estaba cabreado porque apartaron a Cacharro do PP, subiuse o carro de TEGA, pero a unión natural deste home é co PP.

Total mais do mesmo, imaxino que de aquí as vindeiras eleccións aínda  nos esperan mais mocións de censura,  tempo o tempo.

Tags: concello, alcalde, moción censura, galicia

Publicado por penadopico @ 9:35  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 08 de Outubro de 2009

Canto nos vai custar os galegos a suspensión do concurso eólico?

Parece ser, segundo publica o Pais,  Aucosa Eólica e  Ventos Cooperativos, anunciaron a súa decisión de  presentar recurso contencioso pola suspensión do concurso por ser  lesiva os seus intereses e din que esta  resolución, de Economía,   supón unha fórmula que xera unha  total inseguridade  entre os adxudicatarios.

A tese destes grupos é a mesma ca  que aglutina a  patronal eólica galega EGA.

E que faremos os galegos? Estaremos  calados e por enriba indemnizaremos a estes grupos, para que despois este goberno lle de o vento os amigos de Hiberdrola?

Teremos en Galicia unha trama Gürtel co do concurso eólico?


Tags: vento, galicia, eólico, concurso, feijoo

Publicado por penadopico @ 11:44  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 05 de Outubro de 2009

Galicia conta dende o sábado con unha nova asociación en  defensa do galego “ProLingua”, esta asociación constituída por persoas de  diferentes ideoloxías e profesións nace porque considera o noso idioma o “patrimonio mais prezado do pobo galego”.

Desta asociación forman parte entre outros: Xosé L. MéndezFerrín, Miguel A. Fernán Vello, Manuel Bragado, Rafael Cuíña, Manuel Beiras,  Camilo Nogueira, Xosé Luís Rodríguez Pardo, Carlos Callón.

Na súa presentación dixeron que  esta asociación nacía para “defender o  galego como se fose a propia vida”.

Espero que todas aquelas  persoas, que sintan a nosa cultura, o nosoi  dioma, durante moitos anos desprezado e asoballado e coñecedoras da realidade galega,  se unan na defensa do noso idioma  independentemente da súa ideoloxía, e que loiten para que este goberno  que temos alleo a Galicia e a súa realidade, vendidos  a galicia monolingüe por un puñado de votos, apoien esta iniciativa, así como a  manifestación do vindeiro día 18 en Santiago de Compostela.


Tags: ProLingua, galego, lingua, galicia, idioma

Publicado por penadopico @ 7:16  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 03 de Outubro de 2009

"Por primeira vez, unha  cidade de América do Sul, vai ser sede dos xogos olímpicos”, estes son os titulares do diario brasileiro O Globo, de Río.

“A alma generosa do brasileiro vai fazer a mais extraordinária Olimpíada que o mundo já viu”, dixo o presidente de Brasil Luiz  Inácio Lula da Silva.

Eu tiña o presentimento, sempre pensei que Brasil ía ser a sede gañadora dos xogos  olímpicos de 2016, era imposíbel que fose Madrid, xa que os  anteriores xogos vanse celebrar en Londres e non era de recibo que outro pais do mesmo continente,  fose no 2016, sede dos xogos.

Agora  imos ver para que serve o galego, con estes xogos se os galegos imos a Brasil,  podemos entendernos perfectamente cos brasileiros, pero seguro que se os de Galicia  monolingüe van co seu castelán de Valladolid, seguro que no nos entenden.

Agora  seguro que nos sae  Carlos Negreira, dicindo  que esta encantado de que o non ser Madrid a sede  sexa Río,  xa que  el naceu en Río. Pois que vaia aprendendo  galego, porque co seu castelán, seguro que non o entenden.

Parabéns  para Río,  para Brasil,  para tódolos brasileiros e para o seu  presidente Lula!


Tags: rio, lula, brasil, olimpiadas, galego

Publicado por penadopico @ 8:00
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 02 de Outubro de 2009

A Fundación doCentro Superior Cinexético e Piscícola, sita en Tor, Monforte de Lemos e dependente da Deputación de Lugo, creada polo anterior presidente FranciscoCacharro, ben de descubrir que con cargo a dito organismo o anterior presidentedo padroado Francisco Garcia-Bobadilla Prosper, a súa muller e o seu fillo viaxaron a Copenhague (Dinamarca), Bolonia (Italia) e Malabo (Guinea Ecuatorial) a conta da entidade, o custo destas viaxes parece que supera os 20.000 €.

Con anterioridade xa se descubrira que con cargo a esta fundación se fixeran viaxes a:  Tanzania e Namíbia para ver "experiencias cinexéticas"

Este personaxe foi Director Xeral de Comercio e Secretario Xeral de Turismo na Xunta de Galicia, así como Presidente de Paradores deTurismo de España con José María Aznar.

E eu pregúntoo, se sendo presidente dun padroado fixo isto, entre outras cousas, que non faría cando foi director xeral e presidente de paradores?

Suponse que as persoas que ocupan altos cargos deben ser persoas de unha moral intachable, pero esta visto que a ética e a moralidade, moitos,  nin  a coñecen nin saben que existe.

Espero que este personaxe devolva cada céntimo de euro que usou indebidamente e se lle esixan as responsabilidades que procedan.



Tags: paradores, viaxe, tor, fundación

Publicado por penadopico @ 8:28  | politica
Comentarios (1)  | Enviar
Xoves, 01 de Outubro de 2009

Ética, que é a ética? Segundo o dicionario da RAG un dossignificados é:  Ciencia que trata dos costumes e da moral e que tenta establece-los límites entre o ben e o mal no comportamento humano.

Vostedes creen que é ético que o señor José Ignacio  Goirigolzarri número dous  do banco BBVA, con 55 años se xubile con unha pensiónde 3 millóns de euros anuais?

Despois este banco cóbranos por todo, ata polos “bos días”, cobran por transferencias, por mantemento da conta, por apunte,  por…  e véndenos de todo,  dende unha cristalería ata un robot de cociña e os altos directivos enchendo os bolsos a conta de todos os que alí temos algún aforro.

Despois andan os empresarios todos alporizados porque o goberno non abarata os despidos,  despois o goberno ten que poñer diñeiro para os bancos, vaia exemplo que nos dan todos eles.

Unha vergonza o do BBVA e o seu consello de administración, coñecerán estes señores e señoras o  significado da palabra “ética”?

Eu propoño boicot ó  BBVA...


Tags: bbva, ética, Goirigolzarri, francisco gonzalez, banco

Publicado por penadopico @ 7:20
Comentarios (0)  | Enviar