Xoves, 29 de Outubro de 2009

No consello da semana pasada aprobouse o decreto que regula o plan de vivenda 2009-2012, o presidente da Xunta vendeuno como que ía crear 40.000 posto de traballo.

Permítanme que me ría ja, ja, ja…, este plan non  é algo novo. Cada catro anos a administración do estado saca un novo plan de vivenda, para a construción, compra e  rehabilitación de vivenda.  A Xunta ó único que fai, e fixo sempre, é complementar o plan do estado con unha pequena axuda autonómica no caso da compra de vivenda ou no caso das ARIS e ARUS, no resto dos casos o diñeiro pono  o estado. Vexamos:

Construción de vivenda polos promotores: os créditos son concedidos polos bancos, a través de convenios que establece o Ministerio de Vivenda cas entidades financeiras.

Adquisición de vivenda nova ou  usada: o crédito é do convenio do banco co ministerio, e a subvención parte dáa  o Ministerio e parte a Xunta.

Rehabilitación de vivendas: as axudas son integramente do Ministerio.

ARIS e ARUS: parte da axuda corresponde o Ministerio e parte a Xunta.

En definitiva isto non é nada  novo, é un plan similar os anteriores que xa houbo, so que o anterior estaba  rematado e había que aprobar un novo que por certo aprobase con bastante  retraso, xa que o plan estatal saíu xa o ano pasado.

Un apunte para Feijoo: o anterior plan de vivenda 2005-2009, a comunidade que mellor xestionou e cumpriu  os obxectivos foi GALICIA, mal que lle pese o señor Boné e o señor Hernandez.


Tags: vivenda, rehabilitación, venda, compra, xunta, bone, hernández

Publicado por penadopico @ 8:00  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios