Martes, 13 de Outubro de 2009

O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade eBenestar revisará o proceso de selección de persoal, xa que parece ser que este era unha axencia de colocación do BNG,  agora pasará a ser unha axencia do PP.

Roberto Rodríguez, sinalou que iniciarán un proceso de “revisiónde oficio” das bases das últimas oposicións feitas polo goberno bipartito.

Di o xerente  que este consorcio funcionaba ao marxe da administración autonómica e que o facía para colocar os seus amigos e para adoutrinar os nenos galegos que acudían as galescolas, non sabia eu que un rapaz de 1 ou 2 anos se pode adoutrinar.

O señor Roberto, ve a palla no ollo alleo  pero non ve a viga no seu, qué fai o señor Baltar na deputación de Ourense, qué fixo o señor Cacharro en Lugo, qué fai o señor Louzán en Pontevedra? Qué fixeron os   distintos gobernos Fraga?

Direille o señor Roberto que gobernando Fraga nas oposicións, houbo quen sacou un 10 en informática sen saber nada de informática, tamén houbo quen sacou un 10 en galego cando outra xente mais preparada non acadou esa nota, e xente que aprobou exames sen estudar, porque antes alguén llos filtrou.

E non falemos xa das asistencias técnicas, esas que tanto lle gustan os altos cargos para contratar empresas de amigos, e despois colocar nelas os seus enchufados, ou mesmo colocar os amigos nas empresas públicas;  non sabe nada desto o señor Roberto?

Señor Roberto todo isto faino e fíxoo o PP, así que, o mellor é mellor que se quere limpar debaixo das alfombras, empece limpando as propias. Espero señor Roberto que entón as probas sexan obxectivas con exames tipo test e sen entrevista, e os cursos, postgraos. experiencia... non sexan feitos a medida como teñen a costume de facer.


Tags: bng, ppg, consorcio, emprego, galego

Publicado por penadopico @ 7:46  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios