Martes, 29 de Setembro de 2009


A Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A., (SOGAMA) publica no diario oficial de Galicia, un concurso co fin de arrendar cinco vehículos sen condutor por un período de tres anos.
1 tipo berlina media grande potencia de 240 CV mínimos, prezo máximo aluguer por unidade 1.200 € mais IVE.
1 tipo berlina media grande potencia de 139 CV mínimos, prezo máximo aluguer por unidade 1.100 € mais IVE.
1 tipo berlina media  potencia de 139 CV mínimos, prezo máximo aluguer por unidade 640 € mais IVE.
1 tipo turismo pequeno potencia de 65  CV mínimos, prezo máximo aluguer por unidade 500 € mais IVE.
1 todoterreo grande de potencia mínima 125 CV, prezo máximo aluguer por unidade  800 € mais IVE.
Por un lado estamos subastanto 20 "audi", dos que catro mercáronse no 2005 (2 A6 e 2 A8), e dous no 2007 (A6), pero como non temos coches arrendamos 4 turismos e 1 todoterreo que nos custaran mensualmente: 4.918,4 €, é dicir 59.020,8 € anualmente durante 3 anos, e a isto temos que engadirlle o gasoil.
Resulta mais rendible arrendar os coches,  que malvender en poxa pública 6 vehículos 2 con 2 anos de vida e 4 de catro anos? Pois parece que si, segundo o conselleiro Hernández, ben coñecido polas súas obras certificadas sen executar, a as súas adxudicacións a antigas empresas e o presidente de SOGAMA Luis Lamas,  profesor na Escola de Relacións Laborais de Lugo. creada en tempos de Cacharro.
Asi é como nos demostra este goberno a súa austeridade

Tags: audi, vehículos, xunta, sogama, arrendamento

Publicado por penadopico @ 13:59  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 28 de Setembro de 2009

O PP  anda estes días todo alterado porque o goberno socialista vai subir os impostos. Di que isto vai afectar sobre todo as clases medias, eu diríalle, os de sempre.

O goberno sube o IVE do 16% ó 18%, e o do 7% ó 8%, e a tributación por patrimonio os 6.000 € primeiros tributarán ó19%, e a partir de aí o 21 %.  Por outra parte, rebaixase en 5 puntos o imposto de sociedades para empresas con 25 ou  menos traballadores e que manteñan ou aumenten os postos de traballo.

Sen entender moito de economía eu penso que o que mais nos vai afectar a todos os cidadáns será a subida do IVE,  porque a tributación por patrimonio os que vivimos ó día non nos vai facer perder o soño.

Pero o PP non sei porque protesta  tanto, qué fixo Feijoo ca gratuidade dos libros de texto? Iso non é unha subidade impostos? Non os libros non son un imposto, pero é algo necesario para a educación das persoas, é algo imprescindible para unha sociedade, el chegou e  desapareceu a gratuidade e, a quén lle afecta? Pois as clases baixas e as medias, porque as altas xa se pagaban eles os libros, xa que os seus fillos van  o ensino privado. Pero claro iso non é un imposto, so é unha medida social  negativa para as clases baixas e medias.

Eu pregúntome, a subida do IVE do7% ó 8% que afecta a vivenda nova pero non a usada, non van nas comunidades do PP subir o imposto de transmisións patrimoniais do 7% ó 8%?     loco


Tags: imposto, ive, patrimonio, galicia

Publicado por penadopico @ 10:05  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 26 de Setembro de 2009

Parece ser que a Xunta de Galicia reclamará 41 millóns  de euros do imposto de Patrimonio os contribuíntes con maiores capitais, o que non se sabe e en que  prazo se vai cobrar, eu diría, si se cobra.

Pero o descontrol da Xunta non é  so nos impostos, tamén é no cobro los recibos por residentes que teñen nos  centros dependentes da Xunta, por inquilinos nas vivendas sociais, etc.

Ti tes un familiar nunha  residencia, ese familiar ten unha pensión ti como titor cobras esa pensión, pero por capricho non pagas as mensualidades ó centro onde esta ingresado, pois  non pasa nada. O residente segue na residencia e ti cobrándolle a pensión e a  Xunta non pon ningún remedio.

Outro caso, tes unha vivenda social, non pagas os recibos, porque pola deixadez da administración non che  facturan, ou porque aínda que che facturen non che da a gana de pagar, pois tranquilo que non pasa nada, non te van botar.

Quen son os incompetentes, os políticos,  os altos cargos, os funcionarios?  Censurado  

 


Tags: xunta, patrimonio, contribuíntes, residencias, vivenda

Publicado por penadopico @ 10:15  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 25 de Setembro de 2009

Dicíanos que estábamos en crise,  que non ten diñeiro, que non se poden poñer a funcionar garderías (antigas galescolas), hospitais, que non se pode pagar a lei de dependencia.  Non ten diñeiro para a gratuidade dos libros,  ten que vender os  audi  (http://es.globedia.com/alberto-nunez-feijoo-subasta-audi-mentira),  para mercar citroen, pero resulta que andan facendo turismo por toda Galicia,  desta vez tocoulle o boleto da sorte a Lugo.

Onte o goberno galego celebrou o consello da Xunta en Lugo (agora toca pagar dietas os choferes, xefes de  prensa, persoal de gabinete, etc., etec, por viaxar a Lugo),  o motivo desta viaxe era que se aprobaba un plan de medidas para reflotar a economía de Lugo, este plan chamarase  “plan  impulsa Lugo”, pero non será un plan  solo da Xunta,  tamén pretende que entre o Concello a Deputación e a patronal  lucense.

Como sempre moi boas palabras,  pero todo vai quedar no papel, senón tempo o tempo.

Eu penso que apróbense as  medidas que se aproben non é necesario montar todo este fasto de ir de viaxe  turístico polas cidades, porque o que queremos os cidadáns é que tomen medidas  para sacarnos da crise, que non haxa paro, que a sanidade funcione ben, que haxa garderías, centros de día, residencias,…  onde se celebre o consello da  Xunta é o de menos, si nos preocupa se encima nos costa diñeiro.


Tags: consello, xunta, galicia, feijoo, lugo

Publicado por penadopico @ 10:15  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 24 de Setembro de 2009

A señora Farjas, conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, parece ser representante de Galicia  monolingüe no goberno galego. Esta señora fixo unha entrevista para a televisión  galega e negouse a falar en galego. Pero deste goberno de Feijoo non nos estraña, a maioría dos conselleiros e altos cargos da Xunta de Galicia parecen casteláns  de Valladolid posto que o idioma que usan de cotío é o castelán,  o galego nin  o saben falar, nin teñen vagar para aprendelo.

Como se pode defender un idioma e unha cultura dun pais se a  descoñecen  ou incluso se odia?  

En protesta por esta actitude o presidente da Mesa pola  normalización Lingüística presentou no Rexistro xeral da Xunta un “manual básicode aprendizaxe do galego”  e un volume “Sobre o racismo lingüístico”, esperemos,  polo  menos, ca conselleira saiba ler.

Llorica


Tags: galego, galicia, monolingüe, idioma, Xunta

Publicado por penadopico @ 10:54  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 23 de Setembro de 2009

Feijoo non quere devolver os 2.000 millóns de anticipos de financiamento  autonómico, porque di que no nos ten.

Como chantaxe di que se ten que devolver este diñeiro terá  que recortar gastos en: sanidade, educación e servizos sociais, e seguro que o  fai.

Pois mire señor Feijoo, non fai falta que recorte ese gasto  con non subvencionar o ensino privado con  900 millóns de eurosun millón de euros  que lle deu a Voz de Galicia, mais 400.000 € o Faro de Vigo,  400.000 € que  gastou na enquisa do galego e a propaganda da gratuidade-solidaria, 22.000 € na  galiña azul, mais as obriñas e mudanzas que esta a facer sen ser necesarias, etc.,etc.,   xa nos pasamos dos 2.000 millóns de euros sen quitar nada a sanidade, nin  o ensino, nin os servizos sociais.

Señor presidente  pense en Galicia e nos galegos cando goberna e deixe de pensar en vostede mesmo,  nas súas ansias de poder, no pago de favores os que lle axudaron a chegar onde  esta  e no seu propio partido.

Se de verdade vostede se considera galego e ama a Galicia,  baixe do pedestal onde o subiron ou onde  vostede mesmo se subiu,  baixe a terra e  traballe por Galicia e para Galicia e senón váiase señor Feijoo.


Tags: feijoo, galicia, estado, financiamento, gasto, autonómico

Publicado por penadopico @ 10:31  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 22 de Setembro de 2009

Na fin de semana vin na televisión de Galicia, unha deputada do PP de Ourense, que pretendía  explicar os cidadáns a mentira da gratuidade-solidaria do PP  para os libros de texto no ensino primario.

O argumento da lúcida portavoz do PP era o seguinte: os libros gratis son para as familias de  clase baixa e media.

Tomo os datos da Orde de convocatoria de axudas e calculo  para unha familia de 4 membros: é  dicir pai, nai e dous fillos a renda máxima  anual ten que ser de 21.600 €, para  recibir 180 € de axuda, que  probablemente non lle chegaran nin para pagar a totalidade dos libros xa que a maioría  esta en torno os 200 € ou mais.

Para a mesma familia se  os seus ingresos acadan ata 36.000 € recibirá 104  €, se  pasan deste importe xa non reciben nada.

Segundo esta portavoz  do PP, se sodes catro membros de familia e gañades mais de 36.000 €,  xa  pertences a clase alta e por iso non tes dereito a ningunha axuda.  

Segundo esta teoría toda a clase política que gaña mais do dobre: deputados, conselleiros, directores xerais, etc., etc. deben ser multimillonarios e  persoal   WIP  (Very Very Important Person),  polo tanto non entendo como este  PP lle da diñeiro o ensino privado,  quitándollo a clase baixa e media, que eles  din que son os que pretenden favorecer.

Debian poñerse  colorados cando contan estes embustes, pero non o fan,  será que a vergonza a perderon fai moito tempo.

Este é o goberno que temos e o que nos queda.

 


Tags: deputada, ensino, libros, galicia, clase baixa, clase media

Publicado por penadopico @ 10:24  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 21 de Setembro de 2009

Hoxe luns 21 de setembro andamos os galegos moi contentos: os ciclistas porque por primeira vez un equipo galego o Xacobeo Galicia, co seu corredor Valverde gañou a volta a España, e o equipo foi o primeiro da clasificación.

Os afeccionados o baloncesto porque a selección gañou o campionato de Europa que nunca gañara.

En tríatlon o ferrolán Gómez Noya,  conquistou onte o campionato  nacional de tríatlon.

En canto o fútbol aquí xa non andamos tan sobrados, os equipos mais representativos Deportivo e Celta perderon, pola súa banda os grandes, que probablemente teñan mais afeccionados cos propios galegos, gañaron con un recital de goles,  falo do Baça e do Madrid.

Por a súa banda galicia monolingüe sigue erre que erre, non esta contenta coa desfeita de Feijoo e quere mais sangue e ata ameaza e todo, pobres de nos o que nos queda…


Tags: galicia, tríatlon, futbol, galego

Publicado por penadopico @ 10:45  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 19 de Setembro de 2009

Leo na prensa que o crego ourensán Benigno Moure presidente da fundación San Rosendo,  que foi condenado a cinco anos de cárcere e cinco de inhabilitación por despoxar dos seus bens a unha anciá residente nun dos xeriátricos da Fundación que preside, segue o fronte da institución e esta intentando  non entrar en prisión.

O cura de 76 anos parece que presentou un informe médico que di que ten “graves e irreversibles doenzas”,  que se poderían complicar no cárcere e que podería supor acurtalle a vida.

Parece ser que o cura pediu o indulto e esta esperando que llo aprobe o consello de Ministros, e ata ten informe favorable respecto o grao de arrepentimento.

E boa verdade o refrán que di sobre os cregos: “fai o que eu digo,  pero non fagas o que eu fago”.

Onde esta a caridade deste crego cos irmáns? Onde esta o voto de pobreza? Non di a igrexa católica que hai que compartir cos demais?

Como se pode ter crenza algunha na igrexa católica candos ves a xente como este crego estafando, mentindo, incumprindo unha sentenza e a igrexa esta caladiña?

O final incluso será san benito moure e lle porán unha estatua.


Tags: igrexa, crego, moure, san rosendo, fundación

Publicado por penadopico @ 8:16  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 18 de Setembro de 2009

O presidente da Xunta ven de anunciar que reducirá o  orzamento nun 15% en gastos administrativos: dietas, teléfonos, viaxes, transportes, mobiliario, atención protocolaria,  publicidade e propaganda.

O das dietas paréceme ben pero que recorten a todo o persoal o que llas asinan e saben perfectamente que non  saíu de viaxe ou que non ten dereito a elas xa que a súa xornada de traballo é de 7:45 a 15:15, ademais que as poñan iguais para tódolos grupos porque o mesmo ten dereito a comer e durmir o  conselleiro co chofer,  e o conselleiro cobra por dieta completa: 155,90 € e ochofer: 77,13 €.

Que controlen os coches que usan os funcionarios e altos  cargos para uso particular.

En canto a propaganda, pouco exemplo da cando se gastou  200.000 € nunha campaña de mentiras da gratuidade-solidaria los libros detexto.

Di que van aforrar en mobiliario, nin el mesmo  o cree  cando están pagando a unha empresa de mudanzas para cambiar servizos dunha  planta a outra ou cando por capricho de algún xefiño territorial van trasladar  servizos completos e para iso teñen que realizar obras dun elevado orzamento,  pero deso igual o presidente non se decata ou non se quere decatar, ou será que  como aínda non estamos no 2010, non lles afecta esta redución do gasto.


Tags: Feijoo, austeridade, galicia, goberno, dietas

Publicado por penadopico @ 7:08  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 17 de Setembro de 2009

Nótase que temos un ministro galego no ministerio de  Fomento, non como outros que pasaron polo cargo con mais pena que gloria.

So chegar,  o tema do  AVE púxose en marcha, cando estivo moito tempo paralizado ca anterior ministra  que nunca se recordou de Galicia.

Na guerra dos aeroportos como primeira medida o ministro ven  de poñer en marcha o Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas para Galicia,  integrado polos alcaldes destas cidades, AENA, a Xunta, Cámara de Comercio e empresarios

O  problema non so é  de competencia entre eles, tamén é de  competencia con outro co de Porto, dado que este aeroporto fai moitos anos que  esta quitando pasaxeiros os aeroportos galegos.

O aeroporto de Porto é empregado por moitos emigrantes  galegos que veñen de vacacións a súa terra, sobre todo de Sudamérica e viaxan  coas liñas portuguesas porque lles sae mais barata a viaxe. Ademais no aeroporto  recólleos un taxi e lévaos o seu destino e para o regreso  o mesmo, entón con este  servizo e por enriba mais barato, quen se nega a viaxar.

Penso que tres aeroportos en Galicia son excesivos, A Coruña  esta a 60 kmde Santiago Vigo a 85, non son grandes cidades de varios millóns de habitantes.  Pero o problema é que aí están e terán  que buscarlle unha solución.  Ampliar os tres?  Absurdo,  débese potenciar un con  vos internacionais, con boas comunicacións cas outras cidades, servizos, etc. E  os outros dous deixalos para o tráfico nacional e de mercadorías.

Cal é o  problema para non chegar a un acordo? Como sempre os políticos,  que se tiran a  piscina por uns poucos votos e menten  dicindo que isto é necesario ou que vai facer  o que non fai o outro, e nos pobres incautos crémolos e votámoslles sen pensar  e sen ver a realidade dos feitos.


Tags: aeroporto, blanco, vigo, santiago, coruña, galicia

Publicado por penadopico @ 10:16  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 16 de Setembro de 2009

Antes da entrada en vigor do Rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia, as listas das persoas  con dereito a unha vivenda de promoción pública (vivenda social) eran  elaboradas polos concellos onde estaban as vivendas, en base a un baremo  establecido  nun decreto da Xunta de Galicia.

Estas listas, como todo o mundo  sabe, estaban feitas, a medida,  polo  alcalde da quenda, daba igual que fose do PP, PSOE ou BNG o resultado era o  mesmo,  e ademais como na correspondente delegación do IGVS non se revisaba nada,  as casas dábanse os amigos dos políticos.

O bipartito sacoulle esta  competencia os concellos, ben quitada por certo, e dende a creación do Rexistro   de demandantes para acceder as novas vivendas os interesados teñen que estar  inscritos no rexistro de demandantes de vivenda protexida, reunir os requisitos  establecidos no Decreto que regula o acceso a vivendas de promoción pública e  resulta adxudicatario se sae nun sorteo ante notario.

Espero que o “transparente”  conselleiro manteña este sistema porque se non o fai xa sabemos o que vai  pasar, volveremos a darlle as vivendas os amigos de…

O decreto aprobado polo bipartito  foi mais ala e incluso os compradores das vivendas sociais vendidas en segundas  transmisión teñen que saír  dunhas listas  saídas nun sorteo ante notario e que reúnan os requisitos.

Ata agora todo perfecto, pero hai  dous inconvenientes: a lentitude  do  proceso para elaborar estas listas,  e o de sempre, o diñeiro negro.  O prezo destas vivendas é moi baixo. Se unha  vivenda esta valorada en 50.000 €, probablemente se poida vender en 70.000 €, que vai pasar cando o vendedor pida 70.000 € e ó   comprador lle digan que o  prezo máximo é 50.000 €, cal será a solución?

Probablemente a solución sería que o Instituto Galego de Vivenda se  fixera cargo de toda vivenda que se quixese vender no prezo máximo de venda e  unha vez adquirida a poña a disposición da xente interesada en mercala  incrementando o custo cos gastos ocasionados pola compra,  seria un proceso mais  áxil tanto para o que vende como para o que merca.

 Regulará isto o conselleiro que pretende dar “igualdadede oportunidades e transparencia”? Nuns meses teremos a resposta.


Tags: vivenda, xunta, galicia, rexistro, demandantes, hernández

Publicado por penadopico @ 7:01  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 15 de Setembro de 2009

 

Na prensa do fin de semana falábase de que o conselleiro de  Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández anunciou que no  mes de novembro entrará en vigor o novo decreto que modificará o funcionamento  do Rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia.

Di o conselleiro que se propón “garantir a transparencia” “igualdadede oportunidades e “simplificar” o acceso a vivendas de protección. Todo isto  que di o conselleiro xa existía dende  o seu inicio, a transparencia e igualdade de oportunidades existiu dende que se  creou o realizarse por sorteo ante notario.  Non é nada novo o que nos conta Hernández.

Como a  el o da transparencia non se lle da moi ben, sobre todo  despois da  adxudicación dun contrato de  1,5 millóns de euros a súa antiga empresa e cando a lei de contratos estableceque o importe máximo é de 1 millón de euros, no procedemento negociado sen  publicidade.

Di Hernández que o anterior rexistro funcionaba mal,   imos ver se o seu funciona mellor.  As  vivendas non se venden, pero a realidade é que a vivenda non se vende nin de  protección, nin libres.

No ano 2008, a caída da venda de vivenda nova foi en España do 34,7%,e en vivenda usada do 40,6%. No ano  2009, a caída da venda nos  primeiros 6 meses foi do  18,1 % en  vivenda nova e un 32,6  en vivenda usada.

Respecto a vivenda de protección a caída de vendas foi do  20,2 %.

Con estes datos, como pretende o conselleiro dicir que a  culpa é do rexistro.

Como sempre cando se fai unha norma hai que pulila, dado que  sempre hai cousas que se deben corrixir, que non funcionan xa que o lexislador  fai a norma en base a unha teoría, pero a práctica, a maioría das veces, é  distinta da teoría.

O rexistro de demandantes terá cousas que mellorar para  facelo mais áxil, pero a idea é boa e foi  do BNG mal que lle pese a conselleiro, o que pasa é que como non  pode suprimilo  porque o establece o plan cuadrienal 2009-2012  do Ministerio de Vivenda segue  contando  mentiras como na campaña  e di  que el vai garantir a transparencia.


Tags: vivenda, rexistro, demandantes, xunta, hernandez, conselleiro

Publicado por penadopico @ 7:32  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 12 de Setembro de 2009

O portavoz do PP na Coruña Carlos Negreira, xa non sabe onde buscar votos para as próximas eleccións municipais. Primeiro apoiou a "galicia  monolingüe", el é monolingüe aínda que polo seu nacemento no Brasil,  debía falar portugués pero  no no fala e moito menos o galego que é o  idioma da  “plebe”.

No pleno municipal, Negreira para atraer uns cantos votos da  dereita mais reaccionaria e o mesmo tempo non perder os votos dos moderados desa  que para el é  “La Coruña”,  abstívose de votar a favor da retirada dos símbolos  franquistas.

Agora para Negreira Millán Astray, aquel que se quitou o  apelido da nai   “Terreros”   porque significaba  “baixo e terreal”,  di que  “foi un  coruñés de pro, de toda a vida”,  pois que lle pregunten os mouros,  das aldeas  onde entraba e arrasaba con todo o que atopaba e veremos se lle din o mesmo.

Recoméndolles ir a páxina que poño a continuación para saber  quen foi Millán Astray:

http://www.xtec.es/~jrovira6/bio/astray.htm

 


Tags: negreira, coruña, simbolos, idioma, galicia

Publicado por penadopico @ 10:11
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 11 de Setembro de 2009
Parece que o conselleiro de Educación anda un pouco nervioso.  Vexamos, comeza o curso e xa ten os profesores das escolas de idiomas en folga, nunca tal pasou.
Ameaza no parlamento con sacar a lista de políticos do PSOE e do BNG que mandan os seus fillos a escolas que segregan por sexos. Nunca tal vin. Unha cousa é que cada quen poida mandar os seus fillos o centro que estime oportuno, se ten diñeiro para elo, e outra é que des diñeiro público, diñeiro de tódos nós a centros privados e deixes o ensino público sen recursos como fixo o señor conselleiro.
Faltaría mais, se eu fora millonario e quixera mandar os meus fillos a un centro privado que segrega por sexos non é quen o señor conselleiro para dicirme que non podo facelo por non ser das súas ideas, ou por militar noutro partido. Pero o que eu nunca permitaria sería que cos meus impostos subvencionase a centros privados, dado que quen manda os fillos a eses centros é porque pode pagalo senón no nos manda.
O diñeiro dos impostos dos cidadáns é diñeiro público e él como conselleiro de educación ten a obriga e o deber de velar para que se empregue en beneficio dos menos favorecidos, daqueles que non gañan o ano 80.000 € como gaña el.
Tamén di que non vai despedir profesores interinos, pois non sei como se chama na terra do conselleiro eso de contratar 80 interinos en vez de 100, chamarase redistribución de efectivos?
E a mentira mais grande deste conselleiro  é a da gratuidade solidaria,  e segue..., é cabezan como a mula Francis, onde esta a gratuidade conselleiro? Acaso as árbores non lle deixan ver o bosque? Vaia,  vaia vostede con 104 € mercar libros de texto e vera cantos merca...  Nin os 180 € dan para mercar os libros.
Sr. conselleiro,  aguantará vostede na cadeira ata o próximo curso?


Tags: ensino, conselleiro, educación, segregar

Publicado por penadopico @ 7:35  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 10 de Setembro de 2009


Hoxe  comeza o curso escolar o que me recorda  unha historia que me contaron fai un tempo.

Cando Feijoo chegou a administración autonómica de funcionario interino, o seu primeiro destino foi a Secretaría Xeral Técnica do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda en Santiago de Compostela.

Pois ben,  el e a  tres compañeiros mais entre os que se encontraba Carlos Negreira,  puxéronlles de auxiliar administrativo a unha moza que se chamaba Julia un pouco maior ca eles, que era moi faladora e un pouco descarada  e como eles eran, por aqueles tempos,  uns  “pipiolos”,  esta rapaza cando falada deles co resto dos compañeiros  chamáballes   “mis pollos”.

Entón, o resto de funcionarios da consellería, cando se referian a Feijoo, Negreira, …  chamábanlles  “los pollos de Julia”.

Por iso, penso eu,   pode ser que  Feijoo recordando aqueles tempos (o mellor quedaron traumatizados por ese sobrenome)  tivo a idea de poñerlle  “galiña azul”  as galescolas.


Tags: galiña azul, feijoo, polo, negreira, xunta

Publicado por penadopico @ 9:08  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 08 de Setembro de 2009

Chegou o poder despois dunha campaña chea de mentiras, quese as cadeiras, que se os audis,…

Agora dedícanse a renovar os despachos, a mudar a xente  dunhas plantas para outras pagando empresas de mudanzas para que lles cambien   ordenadores, arquivos, teléfonos, etc.  

Trasladan servizos de un edificio para outro sen motivo  porque o xefiño da quenda gústalle mais o outro, aínda que ese traslado  implique ter que facer obras con importantes custos para adaptar plantas enteiras  para poder instalar  teléfonos,ordenadores… pero iso chámase austeridade do goberno Feijoo.

En cambio non teñen, nin nunca se molestaron en facer unplan de prevención de riscos laborais en moitos dos edificios,  non hai plan de evacuación, no hai formación  dentro do centro de traballo para saber como actuar ante unha emerxencia, nin  hai persoa responsable... Claro como é a propia Xunta a que incumpre, a que se  tería que sancionar a si mesma, e  non o vai facer,  pero se fora unha empresa...

Din  que os tres audis  blindados véndenos para sustituilos por  nove vehículos adaptados a discapacitados e  tres monovolúmenes para fins sociais, pero o que fan é malvender os audis, e  todos nos tivemos que mercarlle un novo coche o führer. Pobres incautos os que  os creen…

Parece ser que so recibiron unha oferta polo audis e non  saben se reúne os requisitos ou non. Se reúne os requisitos seguro que é do  amigo o que lle mercan os citroen, porque agora so se pode andar en citroen e  volswagen. Pero veremos se non queda deserto porque a oferta non reúne os   requisitos.


Tags: Feijoo, Galicia, mudanzas, citroen, audis, traslado

Publicado por penadopico @ 7:21  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 07 de Setembro de 2009

O Decreto  37/2006, de 2 de marzo regula o nomeamento de persoal interino para o  desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a  contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Nos chamamentos de persoal regulados por este decreto a orde  establecida é a que aparece no listado de chamamentos pola puntuación acadada por  cada aspirante.

Pois ben, este goberno Feijoo ben de pasarse polo forro dito  Decreto,  chamou  a persoal para o grupo C2 para cubrir varias  prazas por acumulación de tarefas,  na  selección o requisito imprescindible  para ocupar as prazas era ter traballado na lei da dependencia, os aspirantes que nun cumprían o requisito aínda  que tivesen mais puntuación eran rexeitados.

 

 

Parece ser que o goberno Feijoo ten en proxecto establecer  que se poidan pedir requisitos para acceder as prazas, co que,  xa estamos vendo a transparencia deste  goberno, xa estamos vendo o fin do “caciquismo e enchufismo” que dixo o  presidente o dia da investidura.

Cal será o próximo requisito? Ser louro e de ollos azuis? Ter  apelido composto? Pertencer a orde do desencravo?  Estamos ante un novo führer?


Tags: galicia, listas, persoal, funcionarios, función pública

Publicado por penadopico @ 7:16  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 05 de Setembro de 2009

A telegaita esa que nos últimos tempos baixou de audiencia, na que parece que dende o mes de abril a cota de pantalla baixou un 30%, os conselleiros da CRTVG cobran tanto como o presidente da Xunta, teñen asegurados uns ingresos en torno a 90.000 € anuais. Os conselleiros cobran 2.700 €  fixos mais 250 € por consello ó que asisten e  150 € por comisión.

Ata o ano 2006, os conselleiros podían cobrar por asistir a calquera evento, igual daba que fora un pregón, un funeral, unha festa ou o que  se terzara.  Chégache a invitación, vas, comes   gratis e por enriba cobrabas unha dieta.

Os estatutos da compañía din que os conselleiros deben ser profesionais  de recoñecido prestixio, pero a realidade é que cada partido nomea aquel que lle ven en gana.

Hai conselleiros honestos que case non pasan dietas como é o caso de: MarioLópez Rico, do  BNG,  ou de Cecilia Pérez Orxe tamén do BNG.

Pero hai outros casos como: Jesús Pérez Varela, elixido polo PP, que sumou  272.060 euros en catro anos, Ana Peón, do mesmo partido  con 252.020 €. Esther Paredes e Moisés Rey, doPSOE, ingresaron no mesmo período 246.342 e 251.395 euros, respectivamente.

Pero o premio lévao José Luis Iravedra Lestal,  antigo profesor de debuxo no instituto Politécnico de Lugo, ex-presidente do PP de Lugo posto por Francisco Cacharro, e como retiro dourado conselleiro da telegaita.

Ben, este Iravedra leva cobrado de todos nos, dende o ano 2004 un total  de  553.020 € so de dietas. No ano 2005 cobrou de dietas 152.132 €, e a partir do 2006 coa restrición posta polo bipartito, baixo algo pero non moito: 92.691 € en 2006 e a 86.828 € en 2007.

Por qué actos chegou a cobrar Iravedra? Pois tomen nota:

- Asistencia a conferencia sobre Trasplante Hepático con Donante Vivo  en Lugo.

- Actos do Día do Aguardente de Portomarín.

- Partido de fútbol Selección gallega-Uruguay.

- Asistencia ó pregón de Nadal da Asociación de Belenistas de Lugo.

- Inauguración do hotel NH Obradoiro en Santiago.

- Comida-homenaje a Xosé Manuel Beiras.

- Actos do Trofeo Manolo Martín en Muxía.

Vive en Lugo e cobra por ir a un acto en Lugo,  alguén o obrigou a ir? Acaso se el non  asistise non se podía celebrar o acto? Seguro que moitos dos asistentes  estarían encantados de que non asistise, e por enriba ten a cara de cobrar por  asistir. Que pais!

Son estes os que nos van arranxar os problemas?  Son estes os que poden falar de austeridade? Son  estes os que nos van sacar da crise? Non eran estes os que falaban das  cadeiras, e de “audis” que eles mesmos mercaron? Señorito Feijoo: ve vostede a  palla no ollo alleo e non ve a viga no seu.


Tags: dietas, crtvg, galicia, iravedra, conselleiro

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 04 de Setembro de 2009

Imos falar hoxe das indemnizacións por razón do servizo, mais coñecidas como dietas que son os importes que reciben os funcionarios, deputados, conselleiros dos consellos de administración de empresas, etc. por desprazamentos fora do seu lugar de residencia para realizar traballos, funcións de representación, asistencia a  tribunais, cursos, etc.

Na administración autonómica as dietas están reguladas por o  Decreto 144/2001  do 7 de xuño  que establece os casos nos que se ten dereito  a dietas e regúlanse os grupos e os importes. Os importes vixentes naactualidade son:

Grupo

Aloxamento

Manutención

 Axuda enteira

1º (altos cargos)

102,56

53,34

155,90

2º (titulado superior e xestión)

65,97

37,40

103,37

3º (administrativos)

48,92

28,21

77,13

4º (resto persoal)

48,92

28,21

77,13

 Resultan un tanto chocante os importes, se o chofer vai co conselleiro ou director xeral,  este paracomer   recibe 53,34 €,  o chofer ten que comer un bocadillo con  28,21 €, dado que este importe é o  total que recibe pola comida e cea. O mesmo pasa co aloxamento o chofer so  recibe 48,92 € e o xefe 102,56 €.

Pero o problema das dietas non son so os importes senón o  abuso que delas fan os funcionarios e demais persoal con dereito  elas. O persoal que normalmente cobra dietas é  o que sae de inspección: inspectores de educación (coa igrexa habemos topado),  inspectores de medio rural,  industria,  vivenda, etc.

Vexamos, a qué hora  saen de inspección? Gran parte deles as 10, 11… a que hora regresan?  Eu  aposto que antes das 15 horas, co que non  terían dereito a dieta,  xa que a súa hora de saída do traballo é posterior a esa hora, pero sabemos que pasan dietas  e o mais grave é que os xefes que teñen  que dar a súa conformidade faino,  hai  que telos contentos!

Máis grave que isto é o caso de  aqueles que pasan dietas e non saíron,  senón que estiveron facendo asuntos  particulares, eles saberán onde!  Era de  sobra coñecido o caso dun inspector de educación que tiña unha casa na praia e  sempre os luns e venres tiña algunha inspección pola zona, seguro que o seu fin  de semana en vez de ser de dous días era de xoves a martes. Tamén temos o caso do  funcionario que sempre andaban de viaxe pola provincia facendo xestións e o día  que este deixou o posto,   o novo funcionario que lle sucedeu non pasaba  ningunha dieta  xa que  solucionaba os problemas sen necesidade de  viaxar.

Arranxarase isto algún día?  Eu penso que non, e co PP dende  logo menos que con ningún outro.

Maña falaremos das dietas dun concelleiro do PP na telegaita


Tags: dietas, galicia, funcionarios, indemnizacións

Publicado por penadopico @ 7:40  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 02 de Setembro de 2009

Hoxe chego a casa, abro a caixa de correo e recollo un sobre que sobre fondo azul e letras brancas pon:

“Libros de texto

  2009-2010 

GRATUIDADE SOLIDARIA”

Co anagrama da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2010

O sobre conten: unha carta do conselleiro de Educación Jesús Vázquez Abad, pero sen asinar (será que non lle deu tempo)  e empeza dicindo: “Estimado/a pai/nai: O goberno galego introduce este curso, por primeira vez na Educación, a gratuidade nos libros de texto, que substituirá progresivamente ao modelo de préstamo vixente. Este modelo de “gratuidade solidaria”….”

O meu cabreo é total, como se pode ter a pouca vergoña (será que nunca a tivo) de dicir que “se introduce este curso, por primeira vez a gratuidade nos libros de texto”. Queren facernos comulgar con rodas de muíño!

Perdone señor Vázquez, pero eu levo catro anos que non pago os libros de texto, para min eran totalmente gratis, ata agora, salvo algún caderno de actividades que tíñamos que mercar e non grazas a vostede, nin o señoritoFeijoo, foi grazas o goberno bipartito.

Para vendernos a súa mentira nun folleto en cores verde,azul e pistacho di:

Por qué é mellor este sistema?

     Os nenos poden empregar o libro como unha verdadeira ferramenta de traballo para subliñar, anotar e telo na casa para sempre.

     Todos os estudos científicos aseguran que a propiedade do libro aumenta o rendemento académico.

     É o modelo de axudas á compra de libros de texto máis estendido en España(Asturias, Cantabria, Cataluña, Madrid, Murcia e Valencia) e en Europa.

Agora eu dígolle señor Vázquez:

1.- Os libros fanse con papel, para obter papel temos que cortar árbores; cantas árbores temos que cortar co seu sistema?

2.- En canto o rendemento do alumno, mentira total. Cando eu estudaba non escribíamos nos libros, nin os podías subliñar (castigábanche se o facias), e se estudaba aprobaba e se non estudaba suspendía. Os meus fillos pásalles igual, se estudan aproban e non lles fai falta subliñar ou escribir nos libros para aprobar. Será que somos unha familia moi intelixente!

3.- Di, que é o modelo de Madrid, Valencia… home e se os  outros se tiran o pozo, imos todos a tirarnos detrás?  Eu dende logo que non… Vostede por suposto que  xa se tirou.

4.- Canto gastou o conselleiro nesta propaganda? Di a prensa que segastaron entre publicidade en  medios de comunicación e os folletos e cartas:  190.000 €. Cantos libros se  compraban co que se gastou nesta campaña? Se consideramos  o custo por alumno de 180 €,  podíamos comprar   libros para 1.056   alumnos.  Pero é mellor darlle diñeiro os  empresarios que as familias.



Tags: libros, conselleiro, educación, gratuidade, escolar

Publicado por penadopico @ 16:14  | politica
Comentarios (0)  | Enviar