Martes, 22 de Setembro de 2009

Na fin de semana vin na televisión de Galicia, unha deputada do PP de Ourense, que pretendía  explicar os cidadáns a mentira da gratuidade-solidaria do PP  para os libros de texto no ensino primario.

O argumento da lúcida portavoz do PP era o seguinte: os libros gratis son para as familias de  clase baixa e media.

Tomo os datos da Orde de convocatoria de axudas e calculo  para unha familia de 4 membros: é  dicir pai, nai e dous fillos a renda máxima  anual ten que ser de 21.600 €, para  recibir 180 € de axuda, que  probablemente non lle chegaran nin para pagar a totalidade dos libros xa que a maioría  esta en torno os 200 € ou mais.

Para a mesma familia se  os seus ingresos acadan ata 36.000 € recibirá 104  €, se  pasan deste importe xa non reciben nada.

Segundo esta portavoz  do PP, se sodes catro membros de familia e gañades mais de 36.000 €,  xa  pertences a clase alta e por iso non tes dereito a ningunha axuda.  

Segundo esta teoría toda a clase política que gaña mais do dobre: deputados, conselleiros, directores xerais, etc., etc. deben ser multimillonarios e  persoal   WIP  (Very Very Important Person),  polo tanto non entendo como este  PP lle da diñeiro o ensino privado,  quitándollo a clase baixa e media, que eles  din que son os que pretenden favorecer.

Debian poñerse  colorados cando contan estes embustes, pero non o fan,  será que a vergonza a perderon fai moito tempo.

Este é o goberno que temos e o que nos queda.

 


Tags: deputada, ensino, libros, galicia, clase baixa, clase media

Publicado por penadopico @ 10:24  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios