Venres, 18 de Setembro de 2009

O presidente da Xunta ven de anunciar que reducirá o  orzamento nun 15% en gastos administrativos: dietas, teléfonos, viaxes, transportes, mobiliario, atención protocolaria,  publicidade e propaganda.

O das dietas paréceme ben pero que recorten a todo o persoal o que llas asinan e saben perfectamente que non  saíu de viaxe ou que non ten dereito a elas xa que a súa xornada de traballo é de 7:45 a 15:15, ademais que as poñan iguais para tódolos grupos porque o mesmo ten dereito a comer e durmir o  conselleiro co chofer,  e o conselleiro cobra por dieta completa: 155,90 € e ochofer: 77,13 €.

Que controlen os coches que usan os funcionarios e altos  cargos para uso particular.

En canto a propaganda, pouco exemplo da cando se gastou  200.000 € nunha campaña de mentiras da gratuidade-solidaria los libros detexto.

Di que van aforrar en mobiliario, nin el mesmo  o cree  cando están pagando a unha empresa de mudanzas para cambiar servizos dunha  planta a outra ou cando por capricho de algún xefiño territorial van trasladar  servizos completos e para iso teñen que realizar obras dun elevado orzamento,  pero deso igual o presidente non se decata ou non se quere decatar, ou será que  como aínda non estamos no 2010, non lles afecta esta redución do gasto.


Tags: Feijoo, austeridade, galicia, goberno, dietas

Publicado por penadopico @ 7:08  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios