M?rcoles, 16 de Setembro de 2009

Antes da entrada en vigor do Rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia, as listas das persoas  con dereito a unha vivenda de promoción pública (vivenda social) eran  elaboradas polos concellos onde estaban as vivendas, en base a un baremo  establecido  nun decreto da Xunta de Galicia.

Estas listas, como todo o mundo  sabe, estaban feitas, a medida,  polo  alcalde da quenda, daba igual que fose do PP, PSOE ou BNG o resultado era o  mesmo,  e ademais como na correspondente delegación do IGVS non se revisaba nada,  as casas dábanse os amigos dos políticos.

O bipartito sacoulle esta  competencia os concellos, ben quitada por certo, e dende a creación do Rexistro   de demandantes para acceder as novas vivendas os interesados teñen que estar  inscritos no rexistro de demandantes de vivenda protexida, reunir os requisitos  establecidos no Decreto que regula o acceso a vivendas de promoción pública e  resulta adxudicatario se sae nun sorteo ante notario.

Espero que o “transparente”  conselleiro manteña este sistema porque se non o fai xa sabemos o que vai  pasar, volveremos a darlle as vivendas os amigos de…

O decreto aprobado polo bipartito  foi mais ala e incluso os compradores das vivendas sociais vendidas en segundas  transmisión teñen que saír  dunhas listas  saídas nun sorteo ante notario e que reúnan os requisitos.

Ata agora todo perfecto, pero hai  dous inconvenientes: a lentitude  do  proceso para elaborar estas listas,  e o de sempre, o diñeiro negro.  O prezo destas vivendas é moi baixo. Se unha  vivenda esta valorada en 50.000 €, probablemente se poida vender en 70.000 €, que vai pasar cando o vendedor pida 70.000 € e ó   comprador lle digan que o  prezo máximo é 50.000 €, cal será a solución?

Probablemente a solución sería que o Instituto Galego de Vivenda se  fixera cargo de toda vivenda que se quixese vender no prezo máximo de venda e  unha vez adquirida a poña a disposición da xente interesada en mercala  incrementando o custo cos gastos ocasionados pola compra,  seria un proceso mais  áxil tanto para o que vende como para o que merca.

 Regulará isto o conselleiro que pretende dar “igualdadede oportunidades e transparencia”? Nuns meses teremos a resposta.


Tags: vivenda, xunta, galicia, rexistro, demandantes, hernández

Publicado por penadopico @ 7:01  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios