Martes, 15 de Setembro de 2009

 

Na prensa do fin de semana falábase de que o conselleiro de  Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández anunciou que no  mes de novembro entrará en vigor o novo decreto que modificará o funcionamento  do Rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia.

Di o conselleiro que se propón “garantir a transparencia” “igualdadede oportunidades e “simplificar” o acceso a vivendas de protección. Todo isto  que di o conselleiro xa existía dende  o seu inicio, a transparencia e igualdade de oportunidades existiu dende que se  creou o realizarse por sorteo ante notario.  Non é nada novo o que nos conta Hernández.

Como a  el o da transparencia non se lle da moi ben, sobre todo  despois da  adxudicación dun contrato de  1,5 millóns de euros a súa antiga empresa e cando a lei de contratos estableceque o importe máximo é de 1 millón de euros, no procedemento negociado sen  publicidade.

Di Hernández que o anterior rexistro funcionaba mal,   imos ver se o seu funciona mellor.  As  vivendas non se venden, pero a realidade é que a vivenda non se vende nin de  protección, nin libres.

No ano 2008, a caída da venda de vivenda nova foi en España do 34,7%,e en vivenda usada do 40,6%. No ano  2009, a caída da venda nos  primeiros 6 meses foi do  18,1 % en  vivenda nova e un 32,6  en vivenda usada.

Respecto a vivenda de protección a caída de vendas foi do  20,2 %.

Con estes datos, como pretende o conselleiro dicir que a  culpa é do rexistro.

Como sempre cando se fai unha norma hai que pulila, dado que  sempre hai cousas que se deben corrixir, que non funcionan xa que o lexislador  fai a norma en base a unha teoría, pero a práctica, a maioría das veces, é  distinta da teoría.

O rexistro de demandantes terá cousas que mellorar para  facelo mais áxil, pero a idea é boa e foi  do BNG mal que lle pese a conselleiro, o que pasa é que como non  pode suprimilo  porque o establece o plan cuadrienal 2009-2012  do Ministerio de Vivenda segue  contando  mentiras como na campaña  e di  que el vai garantir a transparencia.


Tags: vivenda, rexistro, demandantes, xunta, hernandez, conselleiro

Publicado por penadopico @ 7:32  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios