Venres, 11 de Setembro de 2009
Parece que o conselleiro de Educación anda un pouco nervioso.  Vexamos, comeza o curso e xa ten os profesores das escolas de idiomas en folga, nunca tal pasou.
Ameaza no parlamento con sacar a lista de políticos do PSOE e do BNG que mandan os seus fillos a escolas que segregan por sexos. Nunca tal vin. Unha cousa é que cada quen poida mandar os seus fillos o centro que estime oportuno, se ten diñeiro para elo, e outra é que des diñeiro público, diñeiro de tódos nós a centros privados e deixes o ensino público sen recursos como fixo o señor conselleiro.
Faltaría mais, se eu fora millonario e quixera mandar os meus fillos a un centro privado que segrega por sexos non é quen o señor conselleiro para dicirme que non podo facelo por non ser das súas ideas, ou por militar noutro partido. Pero o que eu nunca permitaria sería que cos meus impostos subvencionase a centros privados, dado que quen manda os fillos a eses centros é porque pode pagalo senón no nos manda.
O diñeiro dos impostos dos cidadáns é diñeiro público e él como conselleiro de educación ten a obriga e o deber de velar para que se empregue en beneficio dos menos favorecidos, daqueles que non gañan o ano 80.000 € como gaña el.
Tamén di que non vai despedir profesores interinos, pois non sei como se chama na terra do conselleiro eso de contratar 80 interinos en vez de 100, chamarase redistribución de efectivos?
E a mentira mais grande deste conselleiro  é a da gratuidade solidaria,  e segue..., é cabezan como a mula Francis, onde esta a gratuidade conselleiro? Acaso as árbores non lle deixan ver o bosque? Vaia,  vaia vostede con 104 € mercar libros de texto e vera cantos merca...  Nin os 180 € dan para mercar os libros.
Sr. conselleiro,  aguantará vostede na cadeira ata o próximo curso?


Tags: ensino, conselleiro, educación, segregar

Publicado por penadopico @ 7:35  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios