Venres, 04 de Setembro de 2009

Imos falar hoxe das indemnizacións por razón do servizo, mais coñecidas como dietas que son os importes que reciben os funcionarios, deputados, conselleiros dos consellos de administración de empresas, etc. por desprazamentos fora do seu lugar de residencia para realizar traballos, funcións de representación, asistencia a  tribunais, cursos, etc.

Na administración autonómica as dietas están reguladas por o  Decreto 144/2001  do 7 de xuño  que establece os casos nos que se ten dereito  a dietas e regúlanse os grupos e os importes. Os importes vixentes naactualidade son:

Grupo

Aloxamento

Manutención

 Axuda enteira

1º (altos cargos)

102,56

53,34

155,90

2º (titulado superior e xestión)

65,97

37,40

103,37

3º (administrativos)

48,92

28,21

77,13

4º (resto persoal)

48,92

28,21

77,13

 Resultan un tanto chocante os importes, se o chofer vai co conselleiro ou director xeral,  este paracomer   recibe 53,34 €,  o chofer ten que comer un bocadillo con  28,21 €, dado que este importe é o  total que recibe pola comida e cea. O mesmo pasa co aloxamento o chofer so  recibe 48,92 € e o xefe 102,56 €.

Pero o problema das dietas non son so os importes senón o  abuso que delas fan os funcionarios e demais persoal con dereito  elas. O persoal que normalmente cobra dietas é  o que sae de inspección: inspectores de educación (coa igrexa habemos topado),  inspectores de medio rural,  industria,  vivenda, etc.

Vexamos, a qué hora  saen de inspección? Gran parte deles as 10, 11… a que hora regresan?  Eu  aposto que antes das 15 horas, co que non  terían dereito a dieta,  xa que a súa hora de saída do traballo é posterior a esa hora, pero sabemos que pasan dietas  e o mais grave é que os xefes que teñen  que dar a súa conformidade faino,  hai  que telos contentos!

Máis grave que isto é o caso de  aqueles que pasan dietas e non saíron,  senón que estiveron facendo asuntos  particulares, eles saberán onde!  Era de  sobra coñecido o caso dun inspector de educación que tiña unha casa na praia e  sempre os luns e venres tiña algunha inspección pola zona, seguro que o seu fin  de semana en vez de ser de dous días era de xoves a martes. Tamén temos o caso do  funcionario que sempre andaban de viaxe pola provincia facendo xestións e o día  que este deixou o posto,   o novo funcionario que lle sucedeu non pasaba  ningunha dieta  xa que  solucionaba os problemas sen necesidade de  viaxar.

Arranxarase isto algún día?  Eu penso que non, e co PP dende  logo menos que con ningún outro.

Maña falaremos das dietas dun concelleiro do PP na telegaita


Tags: dietas, galicia, funcionarios, indemnizacións

Publicado por penadopico @ 7:40  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios