M?rcoles, 02 de Setembro de 2009

Hoxe chego a casa, abro a caixa de correo e recollo un sobre que sobre fondo azul e letras brancas pon:

“Libros de texto

  2009-2010 

GRATUIDADE SOLIDARIA”

Co anagrama da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2010

O sobre conten: unha carta do conselleiro de Educación Jesús Vázquez Abad, pero sen asinar (será que non lle deu tempo)  e empeza dicindo: “Estimado/a pai/nai: O goberno galego introduce este curso, por primeira vez na Educación, a gratuidade nos libros de texto, que substituirá progresivamente ao modelo de préstamo vixente. Este modelo de “gratuidade solidaria”….”

O meu cabreo é total, como se pode ter a pouca vergoña (será que nunca a tivo) de dicir que “se introduce este curso, por primeira vez a gratuidade nos libros de texto”. Queren facernos comulgar con rodas de muíño!

Perdone señor Vázquez, pero eu levo catro anos que non pago os libros de texto, para min eran totalmente gratis, ata agora, salvo algún caderno de actividades que tíñamos que mercar e non grazas a vostede, nin o señoritoFeijoo, foi grazas o goberno bipartito.

Para vendernos a súa mentira nun folleto en cores verde,azul e pistacho di:

Por qué é mellor este sistema?

     Os nenos poden empregar o libro como unha verdadeira ferramenta de traballo para subliñar, anotar e telo na casa para sempre.

     Todos os estudos científicos aseguran que a propiedade do libro aumenta o rendemento académico.

     É o modelo de axudas á compra de libros de texto máis estendido en España(Asturias, Cantabria, Cataluña, Madrid, Murcia e Valencia) e en Europa.

Agora eu dígolle señor Vázquez:

1.- Os libros fanse con papel, para obter papel temos que cortar árbores; cantas árbores temos que cortar co seu sistema?

2.- En canto o rendemento do alumno, mentira total. Cando eu estudaba non escribíamos nos libros, nin os podías subliñar (castigábanche se o facias), e se estudaba aprobaba e se non estudaba suspendía. Os meus fillos pásalles igual, se estudan aproban e non lles fai falta subliñar ou escribir nos libros para aprobar. Será que somos unha familia moi intelixente!

3.- Di, que é o modelo de Madrid, Valencia… home e se os  outros se tiran o pozo, imos todos a tirarnos detrás?  Eu dende logo que non… Vostede por suposto que  xa se tirou.

4.- Canto gastou o conselleiro nesta propaganda? Di a prensa que segastaron entre publicidade en  medios de comunicación e os folletos e cartas:  190.000 €. Cantos libros se  compraban co que se gastou nesta campaña? Se consideramos  o custo por alumno de 180 €,  podíamos comprar   libros para 1.056   alumnos.  Pero é mellor darlle diñeiro os  empresarios que as familias.



Tags: libros, conselleiro, educación, gratuidade, escolar

Publicado por penadopico @ 16:14  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios