Luns, 31 de Agosto de 2009

Andan  a voltas coa conxelación salarial dos funcionarios, imos falar algo dese tema. Segundo a prensa existen 155.000 funcionarios na Comunidade Autónoma de Galicia, dos que uns 87.000 corresponden a Xunta de Galicia.

Na administración hai 5 grupos de funcionarios: Grupo A1 que teñen que ser titulados superiores, é dicir, licenciados; grupo A2 con titulación de diplomado universitario; grupo C1 co título de bacharelato; grupo C2 coa titulación de ESO; e “outras agrupacións profesionais” con estudos de primaria.

As retribucións brutas anuais dun funcionario posto  base serían as seguintes:

Grupo

Contía anual sen trienios

A1 (corpo superior)

29.775,10 €

A2  (corpo de xestión)

25.150,70 €

C1 (corpo administrativo)

20.704,30 €

C2 (corpo auxiliar advo.)

17.890,10 €

AP (corpo subalterno)

16.216,50 €

 Agora comparemos estas retribucións, cas dos altos cargos da  Xunta de Galicia, tomando como exemplo a Consellería de  Facenda:

Cargo

Contía anual sen trienios

Conselleira

80.016,92 €

Secretaria Xeral e do Patrimonio

60.074,31 €

Directores Xerais

60.074,31 €

Pte Tribunal Galego Defensa Competencia

74.542,77 €

Vogal do Tribunal Galego Defensa Competencia

70.046,94€

Pte. Consello Económico e Social

76.369,74€

Secretario do Consello Económico e Social

60.074,31 €

Xefe do gabinete Conselleira

60.074,31 €

Xefe de Comunicación

40.000 €

Asesora

35.000 €

Secretaria

31.748,40€

Redactora

23.000 €

Se incrementamos as retribucións un 1%, a un subalterno suponlle  162, 16 € , a un auxiliar 178,90 €, pero un conselleiro cobraría 800,16 € e undirector xeral 600,74 €.

Co que cobra un conselleiro o ano, pagaríanse a 4,93 subalternos e a 4,47 auxiliares. Co soldo dun director xeral  pagaríanse 3,70 subalternos e 3,35 auxiliares.

Non dicían vostedes que eran un goberno “austero” pois  demóstreno baixen as súas retribucións,  as de tódolos altos cargos da administración (deputados,  conselleiros,  organismos autónomos,  empresas públicas&hellipGui?o, despois  conxelen todas aquelas que superen unha cantidade,  poñamos por exemplo 25.000 €, penso que hai moitos galegos que lles falta moito para chegar a este importe.

Como di o refrán “a caridade empeza por un mesmo” aplíquense  o conto e apértense o cinto e déixense de tanta falacia.


Tags: funcionarios, salarios, conxelación, xunta galicia

Publicado por penadopico @ 7:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
S?bado, 29 de Agosto de 2009




Chegaron e dixeron que eliminaban a gratuidade dos libros de texto porque era unha medida populista. Agora acaban de sacar unha convocatoria de bolsas para mercar libros de texto para 1º, 2º 5º, 6º de E.P.  na que a contía máxima é de 180 € con rendas inferiores a 5.400 € ou 104 € con rendas ata 9.000 € e o señorito Jesús Vázquez, ese que ten cara de monaguillo, di que "Introdúcese por vez primeira en Galiza a gratuidade real e efectiva nos libros de texto", non sei onde ve el a gratuidade será que as árbores non lle deixan ver o bosque, porque a maioría de nos como moito recibiremos 104 € ou nada se te pasas dos 9.000 € e só os libros como pouco chegan os 200 €.

Di o conselleiro que “falar de gratuidade era ficticio porque o alumnado non quedaba cos libros” e eu preguntaríalle, para que quere o alumno os libros se aprobou xa o curso? Se algún día ten unha dúbida, hoxe en día temos moitas maneiras de aclaralas sen ter que ir os libros do curso anterior.

Claro, para mercar libros non ten diñeiro, pero ten 190.000 € para facer unha campaña publicitaria sobre a “gratuidade” dos libros, si ten 1.000.000 € para darlle os centros privados no prazo de 4 anos, eses centros monolingües e que segregan por sexos.

 Para este goberno é moito mais importante subvencionar o ensino privado, ese onde eles recollen votos, que axudar as familias con poucos recursos que teñen que mandar os seus fillos os centros públicos.

 


Tags: educación, libros, texto, mercar, bolsas, gratuidade, conselleiro

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 28 de Agosto de 2009

No DOG de hoxe, publica unha  Resolución da Consellería de Presidencia Adm. Públicas e Xustiza  do 24 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego a relación de beneficiados segundo o importe da subvención é a seguinte :

 PR858A 2009/10 Editorial Compostela, S.A. 436.966 €  (El Corrreo Gallego)

PR858A 2009/32 Galicia Proxectos de Comunicacións, S.L. 272.050 € (El Progreso)

PR858A 2009/28 Promocións Culturais Galegas, S.A. 58.984 € (A Nosa Terra)

PR858A 2009/18 Edicións A Peneira Condado, S.A. 21.627 €

PR858A 2009/19 Edicións A Peneira Condado, S.A. 20.686 €

PR858A 2009/20 Edicións A Peneira Condado, S.A. 11.284 €

PR858A 2009/33 Local Force, S.L. 21.627 €

 En contraste as de menor importe subvencionado foron:

 PR858A 2009/22 Editorial Galaxia, S.A. 3.888 €

PR858A 2009/23 Editorial Galaxia, S.A. 972 €

PR858A 2009/3 314 Euroediciones, S.L. 972 €

PR858A 2009/4 Alvarellos Editora, S.L. 972 €

PR858A 2009/21 Edicións Positivas, S.L. 972 €

 Resulta chocante que A Nosa Terra que dende sempre se distingue pola promoción do idioma galego só reciba o 13,5 do importe que se lle dá a El Correo Gallego ou o 21,68% do que se leva o Progreso.


Tags: prensa, galicia, axudas, empresas, publicacións periódicas

Publicado por penadopico @ 10:06  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 27 de Agosto de 2009



Na Voz de Galicia do 26-08-2009 saía unha queixa  do tempo que tardaba a administración en resolver unha petición de axudas para rehabilitar unha vivenda. O interesado fixera a solicitude no mes de marzo,  no mes de agosto foi un técnico visitar a vivenda e dinlle que ten que presentar mais documentación pero que xa lle chegará unha carta. Como pasa o tempo chama o IGVS de Lugo e dinlle que non saben o que lle falta, que só están 3 persoas, e non dan feito o traballo, que total xa non queda diñeiro para a subvención e que non chamen porque o tempo que perden contestando o teléfono non revisan expedientes.

Realmente estráñame que a Voz de Galicia despois dos 996.195 €, saque esta noticia, non sei se será para dicir que ese invento da “cédula de rehabilitación de calidade” do bipartito non funcionaba e que era moi engorroso e por iso no DOG de hoxe sae unha Orde pola que se determina a finalización do prazo de presentación de solicitudes da cédula de rehabilitación de calidade, dito prazo finaliza o vindeiro 31-08-2009, e dicir, dentro de 4 días con un fin de semana no medio.

O novo goberno  volverá o sistema de axudas para a rehabilitación antigo,  onde presentabas unha solicitude, unha especie de orzamento na que a propia  administración establecía os prezos, as fotos da casa e unha documentación que che cubrían  no propio concello e xa estaba.  

Co modelo do PP na miña aldea déronse casos de solicitar axudas para mesma vivenda primeiro o pai e despois o fillo, claro entre axuda e axuda tiñan que esperar un tempo e como a tramitación era tan lenta cando che viña aprobada a axuda, xa querías facer outra obra.

Algún veciño para que lle chegara a carta pedíndolle mais documentación, porque rara era a vez que todo ía ben, tardáronlle máis dun ano en dicir que lle faltaba a declaración do IRPF, mandábala e para recibir a aprobación tardáronlle outro medio ano co que cando presentabas a solicitude xa te poñías a buscar albanel para facer as obras (outros veces facíase as obras sen tan siquiera presentar a solicitude), cando che viñan a ver a obra como  mínimo pasaba un ano, se é que cha viñan ver, porque as veces, aparecíache a aprobación e ninguén pasara pola túa casa.

Agora dirán que o sistema do bipartito era malo, que o que van sacar eles é mellor e máis rápido, seguro que mais sinxelo si, o mellor, nin necesitas licenza, non irá ningún técnico a dicirche se podes facer a obra ou como a tes que facer, poderás poñer aluminio, madeira ou o que che pete e pintar na cor que che de a gana, a propiedade informaracha o alcalde co que para a mesma casa poderá pedir o pai, fillo e o espírito santo e todos estaremos mais contentos porque voltaremos o sistema antigo que é mais permisivo.


Tags: rehabilitación, rural, subvencións, bipartito, licenza

Publicado por penadopico @ 10:10
Comentarios (1)  | Enviar
M?rcoles, 26 de Agosto de 2009
Unha vez eliminada a gratuidade total dos libros de texto de tódolos alumnos de primaria e secundaría a consellería de Educación ven de convocar bolsas para determinados cursos de educación primaria para o vindeiro curso, sempre e cando se cumpran determinados requisitos. A continuación deixo un breve resumen:

O 25-08-2009 publícase una Orde pola que se  convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010.

O prazo para solicitar as axudas é do 1-09-2009 ata o 30-09-2009.

Requisitos:

a)Estar matriculadoen 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2009/2010.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, (entre outras non se poden ter débedas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social ou coa Comunidade Autónoma).
c) Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.

As solicitudes presentaranse nas secretarias dos centros docentes ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (correos, outro rexistro público).

Contía das axudas:

*Familias monoparentais:
-Con ingresos ata 6.000 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 euros: 104 euros.


*Resto das familias:
-Con ingresos ata 5.400 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 euros: 104 euros.

Enténdese por renda percápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables.

 Páxina do DOG coa Orde deconvocatoria:
 http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/30AD6?OpenDocument

 



Tags: subvención, libros, escolar, colexio, curso

Publicado por penadopico @ 12:18  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 25 de Agosto de 2009

A nova Lei do Solo de Galicia pretende darlle mais competencias ós concellos. Segundo o borrador que parecer ser que foi consensuado coa Fegamp, por parte da Consellería de medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece para os núcleos rurais que as novas edificacións separaranse das casas tradicionais como máximo 50 metros, co fin de evitar a dispersión.

En canto a delimitación na costa a separación estará establecida en 200 metros do mar, pero a Xunta poderá autorizar construcións a 100 metros  “en casos excepcionais e xustificados”.

As corporacións locais tamén poderán autorizar: construción de torretas de electricidade, gasolineiras, depósitos de materiais, parques de vehículos, vertedoiros e depuradoras sen necesidade de solicitar unha autorización a Xunta.  Ata agora só a Consellería competente en urbanismo podía autorizar este tipo de construcións.

En definitiva os concellos poderán autorizar por licenza municipal directa “dragados, desmontes, recheos; depósitos de materiais, parques de maquinaria e de vehículos o aire libre, explotacións agrícolas e gandeiras, granxas, currais; instalacións forestais e de madeira, … ademais das que xa tiñan como canteiras, cámpings, … Só a Xunta poderá autorizar a construción en solo rústico de instalacións de turismo rural, cemiterios, centros agrarios, campamentos de turismo…

Na anterior Lei só existían dous tipos de solo o núcleo rural e o rural consolidado agora créanse outros dous: o núcleo rural no consolidado e o  complexo. A delimitación a este tipo de solo poñeraa cada concello e o que fai é ampliar o perímetro de construción.

Despois de ver todos estes datos, dámonos conta que esta Lei o que fai é outorgar as competencias ós concellos e abrir a man a construción no medio rural para que medre de maneira desordenada como o fixo ata hai pouco.

Nos concellos pequenos se un tiña unha finca e se levaba ben co alcalde, nunha semana construía un chiringuito no medio da finca e ninguén dicía nada (pedíase licenza para un garaxe, unha palleira), o acceso podía ser por un camiño de cabras, aínda que non tivera rede de saneamento, se non tiña auga da traída facíase un pozo, Fenosa con tal de cobrar dáche a luz e así temos nesta Galicia  un crecemento desordenado, sobre todo na costa.


Tags: lei, solo, galicia, concellos, planeamento

Publicado por penadopico @ 10:11  | outros
Comentarios (1)  | Enviar
Luns, 24 de Agosto de 2009

Agora que andan a voltas coa conxelación do soldo dos funcionarios para o próximo ano recordo que hai un mes publicouse na prensa que só tres deputados do Parlamento de Galicia, cobraban soldos por outras actividades, e que os tres eran do Partido Popular.

Jesús Goldar Guimil, con estudos de dereito sen terminar, seguiría exercendo de xestor administrativo en Caldas onde tamén é concelleiro.

Dámaso López Rodríguez exercerá as súas labores de médico en Monforte de Lemos.

Jaime Castiñeiro Broz, arquitecto-técnico, ata esta lexislatura exercía como funcionario no Catastro de Lugo,  empresario inmobiliario (taxacións de inmobles), exercía de vogal de visados no colexio de aparelladores e arquitectos técnicos de Lugo, concelleiro no concello de Lugo e deputado no Parlamento Galego. Eu pregunto, que actividade deixou e cal segue a exercer? Cantas horas tiña o día para poder realizar este señor todos estes traballos? Na anterior lexislatura xa era deputado, tiña compatibilidade para realizar todas estas actividades? Nesta lexislatura o PP encargoulle a portavocia de vivenda, algo que lle ven moi ben dado a súa experiencia no mundo do ladrillo.

Por outra banda os “xefes territoriais” (antigos delegados provinciais), Feijoo acaba de subirlles o soldo en 3.000 euros o ano.  Os antigos delegado provinciais tiñan neste ano 2009 unhas retribucións brutas sen trienios de: 49.132,95 € anuais. Os novos xefes territoriais  se son do grupo A terán uns ingresos brutos anuais sen trienios de: 50.012,44 euros, é dicir 879,49 euros mais cos antigos delegados provinciais.

E iso que Feijoo dicía que ía ser un goberno austero e transparente pero non vemos nin a austeridade nin a transparencia porque a día de hoxe na páxina web da Xunta non se poden ver as declaracións de patrimonio e de actividades de tódolos altos cargos da Xunta, aínda que a consellería de Facenda sacou unha norma regulándoo.


Tags: soldos, austeridade, transparencia, galicia, goberno, feijoo

Publicado por penadopico @ 7:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Domingo, 23 de Agosto de 2009

Xa o anuncio na campaña electoral derrogaría o concurso eólico.

Toda a prensa galega do día 5-08-2009, sinalaba que o consello da Xunta do día 6 derrogaría o Decreto 242/2007, polo que se regula a enerxía eólica en Galicia.

As “gorxas fondas” fallaron nas súas previsións, no consello só se presentou un informe no que se recollía o anteproxecto de Lei polo que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crea o Canón Eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Pretende anular o decreto anterior e o concurso porque entre os beneficiados non están os amigos que financiaron a campaña. Pero, quén indemnizará os anteriores adxudicatarios?  Direillo,  nos tódolos galegos.

Agora din que teñen un informe xurídico de que o antigo decreto era inconstitucional, pero o bipartito antes de aprobar o decreto tiña os correspondentes informes favorables dos correspondentes órganos. Xa se sabe, os informes xurídicos sempre se fan o gusto do lexislador.

Co novo decreto que pretenden aprobar, non haberá un gran concurso senón concesións administrativas unha a unha, e dicir, como a margarita: quéreme, no me quere, quéreme no me quere…

Quen serán os  beneficiados destas novas concesións? Pois as: Iberdrolas, Fenosas, etc. Os prexudicados como sempre os galegos. Se antes a Xunta reservábase o 14 % da participación nos parques para as arcas de tódolos galegos, agora teremos so un 3,5 %, sobre a facturación.

As empresas beneficiadas anteriores eran, a maioría, de capital galego, agora serán de fora, como sempre os galegos regalarémoslle o diñeiro os de fora.

Os antigos adxudicatarios din que recorreran, reclamarán as correspondentes indemnizacións, por outra banda a Asociación Eólica Galega (EGA) di que o canón sobre a paisaxe é discriminatorio  e que estudan ir os tribunais, así mesmo, di que temen perder o tren da enerxía do vento xa que todo este proceso crea desacougo.

Que razón tiña Castelao “mexan por nos, e din que chove”.


Tags: eólico, concurso, vento, feijoo, xunta

Publicado por penadopico @ 7:05  | politica
Comentarios (1)  | Enviar
S?bado, 22 de Agosto de 2009

O PP dicía na campaña electoral que o concurso eólico se resolvera por esto:





Pero agora co PP o  concurso eólico anúlase por esto:


Tags: eólico, concurso, megavatios

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (2)  | Enviar
Xoves, 20 de Agosto de 2009
En materia de educación das medidas tomadas por Feijoo e o seu conselleiro Jesús Vázquez podemos destacar:
1.- Suprimiu a gratuidade dos libros de texto, dicían que era unha medida "populista", e como viron que a medida que tomaban non era popular, pois dixeron que ese diñeiro ía ser destinado a comedores escolares.
2.- Eliminada a gratuidade dos libros de texto, aproban un decreto polo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pero só para os centros nos que a consellería de Educación xestiona o comedor, é dicir, os centros públicos das grandes cidades e vilas seguen sen ter dereito a ningunha axuda da consellería, xa que estes comedores están xestionados polas AMPAS, pola dirección do centro ou polos propios concellos.
3.- Aprobaron subvencións por 1 millón de euros para centros privados, que serán aportados pola consellería no prazo de catro exercicios: 2009, 210,2011 e 2012. Estes centros son eses que separan os nenos por sexos, nos que non se fala galego, son os centros os que o bipartito lles retirou a subvención.
4.-O galego, o cabalo de troia de Feijoo. Entre algunha prensa: intereconomia, la coz de galicia, a cadea dos bispos; galicia monolingüe,  etc., etc., contaron a gran mentira de que os castelán falantes estaban perseguidos, que os nenos xa non sabían falar galego... que sería do castelán! De Pedrafita para alá créeno, e ata os de aquí deberon crer semellante mentira e agora temos as consecuencias, os que estamos perseguidos somos os galego falantes.
O 17 de maio, houbo en Santiago de Compostela a manifestación mais grande que se recorda a favor do galego, mais esta cuadrilla da camisa azul fai como as mulas cando lle poñen o cabezal: solo ven nunha dirección.
5.- O derradeiro é a "galiña azul" a Feijoo molestaba a casiña coa bandeira de Galicia e o nome de galescola, tiña que desaparecer, era algo inventado polo BNG e había que desfacerse dese anagrama custara o que custara, seica custou 22.000 €. Iso só a galiña!. Crise, buratos negros.. Iso habíao cando chegou Feijoo, agora dende que él goberna xa desapareceu, xa él o arranxou ca súa variña de mago.
 Inventaron a "galiña azul",   a probe galiña sacáronlle unhas plumas vermellas que tiña, non fora que a identificaran cos roxos! Pero non acertaron co cambio nunca vin en internet tantos comentarios contrarios a pobre galiña.
Cal será a seguinte falcatruada de Vázquez e Feijoo?


Tags: educación, libros, públicos, privados, comedores, galego

Publicado por penadopico @ 20:56  | politica
Comentarios (0)  | Enviar

 

O primeiro que fixo Feijoo o chegar a Xunta foi poñer patas arriba a administración periférica da Xunta: crea a figura do “superdelegado” pero non un por provincia, se non 5 creando de facto  a 5ª provincia en Vigo. Suprime a figura dos delegados por unha nova figura a dos “xefes territoriais” figura equivalente nas lexislaturas anteriores os “secretarios de delegación”, pero como o salario é baixo increméntallelo en 3.000 € anuais.

Os “superdelegados”, créalles unha corte o carón formada por: 1 secretario/a da superdelegación, 3 secretarias/os, 2 asesores, 1 xefe de prensa, 1 xefe de sección de apoio e 2 condutores.

Os xefes territoriais, teoricamente ían ser funcionarios, é dicir, técnicos na materia, pois vai ser que non, que non son técnicos son alcaldes, ex-alcaldes, afiliados e simpatizantes.

Dun plumazo fai un ERE encuberto na administración amortizando tódalas prazas das antigas secretarias/os dedelegado. Claro os xefes territoriais no nas necesitan, pero ese diñeiro non se sabe a onde vai ir, irá para as axudas que lle deron a coz de Galicia.

Na realidade tódolos xefes territoriais seguen tendo secretaria/o, cómo se lles esta pagando a estes funcionarios? En horas extraordinarias? En dietas?

Ten os condutores dos antigos delegados cobrando o plus de dispoñibilidade de 6.000 € anuais de brazos caídos, en cambio os novos superdelegados e incluso directores xerais, teñen de choferes a persoal que non ten o plus, dixéronlles que llo ían pagar e mentras páganlles con dietas e horas extras en festivos.

Cesou a tódolos funcionarios de libre designación que non eran afíns, aínda que noutro tempo demostraran a súa profesionalidade.

Puxo en venda o audi A8 a prezo de saldo, a cambio estan comprando citroen e wolsvagens.

E o máximo foi a  modificación polo trámite de urxencia da Lei da función pública de Galicia no artigo correspondente o galego. Agora para acceder a función pública galega non fai falta que saibas galego, non é obrigatorio facer un exame en galego, polo que pode entrar na administración galega calquera que non saiba unha palabra de galego. E como consecuencia desto volveron a abrir o prazo para presentarse a tódalas oposicións que estaban convocadas, imaxino que será para que entren os amigos que non sabían galego, por iso a urxencia en sacar do medio o galego.


Tags: feijoo, galicia, administración, ERE, delegados, audi, galego

Publicado por penadopico @ 8:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
M?rcoles, 19 de Agosto de 2009

A Xunta de Feijoo representado polo conselleiro de Educación Jesús Vázquez e a conselleira de Traballo Beatriz Mato presentaron a nova imaxe das antigas “galescolas”, agora reconvertidas en  “escolas infantís” que é mais “vip” e a súa nova imaxe será a “galiña azul”. Din que coa “galiña azul” pretender “despolitizar e desideologizar”.

Según a señora Mato era imprescindíbel o cambio de imaxe para evitar “a confrontación e o debate”, e eu preguntaríalle a señora Mato: quen creou a confrontación e o debate?

Según Vázquez a nova imaxe é atractiva ós nenos, entón a de antes no no era? A bandeira galega parece que para Vázquez non representa nada.

Dín que a nova imaxe representa a "liberdade, a diversidade e a pluralidade" e "o compromiso do novo goberno da Xunta coa liberdade educativa". Xa se ve a liberdade que representa  o novo goberno cando lle dá o ensino privado 1 millón de euros e no ensino público non temos comedores, non temos ximnasios, non temos patios cubertos, non temos ordenadores...

Mato considerou que o logotipo representa unha educación infantil "libre de adoctrinamiento" e "sen ideoloxía, integradora, en igualdade e lonxe de adxudicar unha identidade preestabelecida". Pois si, libre de adoutrinamento, por iso elixen a cor azul será que lles recorda os vellos tempos de cando ían de pantalón curto.

Tamén din que non hai diñeiro para facelos cambios e que se fará de forma progresiva e que había que respectar a política de austeridade da actual Xunta, entón, había tanta presa para presentar a nova imaxe ou é que o pedía “galicia monolingüe” e o opus?

 


Tags: galescolas, galiña azul, escola infantil, xunta, educación

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 18 de Agosto de 2009
Feijoo chegou a Xunta de Galicia e unha das primeiras cousas que fixo foi eliminar a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, dicía que non había diñeiro.
O día 6-08-2009, no consello da Xunta tómase o acordo polo que se autoriza a modificación do compromiso plurianual que deriva da Orde pola que se aproban os concertos educativos con centros docentes.
Dicir que estos "concertos" son con centros privados, para os vindeiros catro anos. A distribución orzamentaria é a seguinte: 90,1 millóns no ano 2009, 259,1 millóns en cada un dos tres anos seguintes (2010, 2011, 2012).
Non hai diñeiro para educación pública: temos colexios con patios de grava, os ordenadores son obsoletos, non hai diñeiro para os talleres de prácticas dos estudantes de módulos de ciclos formativos, pero hai diñeiro para o ensino privado.
Feijoo cargouse dun plumazo a gratuidade dos libros de texto, non hai suficientes escolas infantis (como lle puxeron eles agora), pero a Feijoo ten moito diñeiro para dar os colexios privados, eses colexios que incluso separan os nenos por sexos, eses colexios onde falar galego é de paletos dado que eles son VIP.
O Sr. Feijoo, non ten fillos, claro se os tivera mandariaos a un centro privado, ou o mellor é que ten pensado telos e por iso esta potenciando o ensino privado.
Para que vai mellorar o Sr. Feijoo as condicións dos centros públicossi a él o público non lle interesa! Ten que pagar os votos de galicia monolingüe, do opus, dos vip,... claro el non se pode mezclar co pobo porque estos non lle dan os votos.
Como decía Castelao "mexan por nos e temos que dicir que chove".


Tags: galicia, ensino, público, privado, feijoo, opus

Publicado por penadopico @ 10:49  | outros
Comentarios (0)  | Enviar