Luns, 31 de Agosto de 2009

Andan  a voltas coa conxelación salarial dos funcionarios, imos falar algo dese tema. Segundo a prensa existen 155.000 funcionarios na Comunidade Autónoma de Galicia, dos que uns 87.000 corresponden a Xunta de Galicia.

Na administración hai 5 grupos de funcionarios: Grupo A1 que teñen que ser titulados superiores, é dicir, licenciados; grupo A2 con titulación de diplomado universitario; grupo C1 co título de bacharelato; grupo C2 coa titulación de ESO; e “outras agrupacións profesionais” con estudos de primaria.

As retribucións brutas anuais dun funcionario posto  base serían as seguintes:

Grupo

Contía anual sen trienios

A1 (corpo superior)

29.775,10 €

A2  (corpo de xestión)

25.150,70 €

C1 (corpo administrativo)

20.704,30 €

C2 (corpo auxiliar advo.)

17.890,10 €

AP (corpo subalterno)

16.216,50 €

 Agora comparemos estas retribucións, cas dos altos cargos da  Xunta de Galicia, tomando como exemplo a Consellería de  Facenda:

Cargo

Contía anual sen trienios

Conselleira

80.016,92 €

Secretaria Xeral e do Patrimonio

60.074,31 €

Directores Xerais

60.074,31 €

Pte Tribunal Galego Defensa Competencia

74.542,77 €

Vogal do Tribunal Galego Defensa Competencia

70.046,94€

Pte. Consello Económico e Social

76.369,74€

Secretario do Consello Económico e Social

60.074,31 €

Xefe do gabinete Conselleira

60.074,31 €

Xefe de Comunicación

40.000 €

Asesora

35.000 €

Secretaria

31.748,40€

Redactora

23.000 €

Se incrementamos as retribucións un 1%, a un subalterno suponlle  162, 16 € , a un auxiliar 178,90 €, pero un conselleiro cobraría 800,16 € e undirector xeral 600,74 €.

Co que cobra un conselleiro o ano, pagaríanse a 4,93 subalternos e a 4,47 auxiliares. Co soldo dun director xeral  pagaríanse 3,70 subalternos e 3,35 auxiliares.

Non dicían vostedes que eran un goberno “austero” pois  demóstreno baixen as súas retribucións,  as de tódolos altos cargos da administración (deputados,  conselleiros,  organismos autónomos,  empresas públicas&hellipGui?o, despois  conxelen todas aquelas que superen unha cantidade,  poñamos por exemplo 25.000 €, penso que hai moitos galegos que lles falta moito para chegar a este importe.

Como di o refrán “a caridade empeza por un mesmo” aplíquense  o conto e apértense o cinto e déixense de tanta falacia.


Tags: funcionarios, salarios, conxelación, xunta galicia

Publicado por penadopico @ 7:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios