S?bado, 29 de Agosto de 2009




Chegaron e dixeron que eliminaban a gratuidade dos libros de texto porque era unha medida populista. Agora acaban de sacar unha convocatoria de bolsas para mercar libros de texto para 1º, 2º 5º, 6º de E.P.  na que a contía máxima é de 180 € con rendas inferiores a 5.400 € ou 104 € con rendas ata 9.000 € e o señorito Jesús Vázquez, ese que ten cara de monaguillo, di que "Introdúcese por vez primeira en Galiza a gratuidade real e efectiva nos libros de texto", non sei onde ve el a gratuidade será que as árbores non lle deixan ver o bosque, porque a maioría de nos como moito recibiremos 104 € ou nada se te pasas dos 9.000 € e só os libros como pouco chegan os 200 €.

Di o conselleiro que “falar de gratuidade era ficticio porque o alumnado non quedaba cos libros” e eu preguntaríalle, para que quere o alumno os libros se aprobou xa o curso? Se algún día ten unha dúbida, hoxe en día temos moitas maneiras de aclaralas sen ter que ir os libros do curso anterior.

Claro, para mercar libros non ten diñeiro, pero ten 190.000 € para facer unha campaña publicitaria sobre a “gratuidade” dos libros, si ten 1.000.000 € para darlle os centros privados no prazo de 4 anos, eses centros monolingües e que segregan por sexos.

 Para este goberno é moito mais importante subvencionar o ensino privado, ese onde eles recollen votos, que axudar as familias con poucos recursos que teñen que mandar os seus fillos os centros públicos.

 


Tags: educación, libros, texto, mercar, bolsas, gratuidade, conselleiro

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios