Xoves, 27 de Agosto de 2009



Na Voz de Galicia do 26-08-2009 saía unha queixa  do tempo que tardaba a administración en resolver unha petición de axudas para rehabilitar unha vivenda. O interesado fixera a solicitude no mes de marzo,  no mes de agosto foi un técnico visitar a vivenda e dinlle que ten que presentar mais documentación pero que xa lle chegará unha carta. Como pasa o tempo chama o IGVS de Lugo e dinlle que non saben o que lle falta, que só están 3 persoas, e non dan feito o traballo, que total xa non queda diñeiro para a subvención e que non chamen porque o tempo que perden contestando o teléfono non revisan expedientes.

Realmente estráñame que a Voz de Galicia despois dos 996.195 €, saque esta noticia, non sei se será para dicir que ese invento da “cédula de rehabilitación de calidade” do bipartito non funcionaba e que era moi engorroso e por iso no DOG de hoxe sae unha Orde pola que se determina a finalización do prazo de presentación de solicitudes da cédula de rehabilitación de calidade, dito prazo finaliza o vindeiro 31-08-2009, e dicir, dentro de 4 días con un fin de semana no medio.

O novo goberno  volverá o sistema de axudas para a rehabilitación antigo,  onde presentabas unha solicitude, unha especie de orzamento na que a propia  administración establecía os prezos, as fotos da casa e unha documentación que che cubrían  no propio concello e xa estaba.  

Co modelo do PP na miña aldea déronse casos de solicitar axudas para mesma vivenda primeiro o pai e despois o fillo, claro entre axuda e axuda tiñan que esperar un tempo e como a tramitación era tan lenta cando che viña aprobada a axuda, xa querías facer outra obra.

Algún veciño para que lle chegara a carta pedíndolle mais documentación, porque rara era a vez que todo ía ben, tardáronlle máis dun ano en dicir que lle faltaba a declaración do IRPF, mandábala e para recibir a aprobación tardáronlle outro medio ano co que cando presentabas a solicitude xa te poñías a buscar albanel para facer as obras (outros veces facíase as obras sen tan siquiera presentar a solicitude), cando che viñan a ver a obra como  mínimo pasaba un ano, se é que cha viñan ver, porque as veces, aparecíache a aprobación e ninguén pasara pola túa casa.

Agora dirán que o sistema do bipartito era malo, que o que van sacar eles é mellor e máis rápido, seguro que mais sinxelo si, o mellor, nin necesitas licenza, non irá ningún técnico a dicirche se podes facer a obra ou como a tes que facer, poderás poñer aluminio, madeira ou o que che pete e pintar na cor que che de a gana, a propiedade informaracha o alcalde co que para a mesma casa poderá pedir o pai, fillo e o espírito santo e todos estaremos mais contentos porque voltaremos o sistema antigo que é mais permisivo.


Tags: rehabilitación, rural, subvencións, bipartito, licenza

Publicado por penadopico @ 10:10
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
Publicado por Invitado
Martes, 22 de Maio de 2012 | 14:45
1OxQps , [url=http://jrapwjfveyzm.com/]jrapwjfveyzm[/url], [link=http://cubcwuyujcpq.com/]cubcwuyujcpq[/link], http://xwtuxzrsmsce.com/