M?rcoles, 26 de Agosto de 2009
Unha vez eliminada a gratuidade total dos libros de texto de tódolos alumnos de primaria e secundaría a consellería de Educación ven de convocar bolsas para determinados cursos de educación primaria para o vindeiro curso, sempre e cando se cumpran determinados requisitos. A continuación deixo un breve resumen:

O 25-08-2009 publícase una Orde pola que se  convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010.

O prazo para solicitar as axudas é do 1-09-2009 ata o 30-09-2009.

Requisitos:

a)Estar matriculadoen 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2009/2010.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, (entre outras non se poden ter débedas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social ou coa Comunidade Autónoma).
c) Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.

As solicitudes presentaranse nas secretarias dos centros docentes ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (correos, outro rexistro público).

Contía das axudas:

*Familias monoparentais:
-Con ingresos ata 6.000 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 euros: 104 euros.


*Resto das familias:
-Con ingresos ata 5.400 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 euros: 104 euros.

Enténdese por renda percápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables.

 Páxina do DOG coa Orde deconvocatoria:
 http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/30AD6?OpenDocument

 



Tags: subvención, libros, escolar, colexio, curso

Publicado por penadopico @ 12:18  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios