Xoves, 20 de Agosto de 2009
En materia de educación das medidas tomadas por Feijoo e o seu conselleiro Jesús Vázquez podemos destacar:
1.- Suprimiu a gratuidade dos libros de texto, dicían que era unha medida "populista", e como viron que a medida que tomaban non era popular, pois dixeron que ese diñeiro ía ser destinado a comedores escolares.
2.- Eliminada a gratuidade dos libros de texto, aproban un decreto polo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pero só para os centros nos que a consellería de Educación xestiona o comedor, é dicir, os centros públicos das grandes cidades e vilas seguen sen ter dereito a ningunha axuda da consellería, xa que estes comedores están xestionados polas AMPAS, pola dirección do centro ou polos propios concellos.
3.- Aprobaron subvencións por 1 millón de euros para centros privados, que serán aportados pola consellería no prazo de catro exercicios: 2009, 210,2011 e 2012. Estes centros son eses que separan os nenos por sexos, nos que non se fala galego, son os centros os que o bipartito lles retirou a subvención.
4.-O galego, o cabalo de troia de Feijoo. Entre algunha prensa: intereconomia, la coz de galicia, a cadea dos bispos; galicia monolingüe,  etc., etc., contaron a gran mentira de que os castelán falantes estaban perseguidos, que os nenos xa non sabían falar galego... que sería do castelán! De Pedrafita para alá créeno, e ata os de aquí deberon crer semellante mentira e agora temos as consecuencias, os que estamos perseguidos somos os galego falantes.
O 17 de maio, houbo en Santiago de Compostela a manifestación mais grande que se recorda a favor do galego, mais esta cuadrilla da camisa azul fai como as mulas cando lle poñen o cabezal: solo ven nunha dirección.
5.- O derradeiro é a "galiña azul" a Feijoo molestaba a casiña coa bandeira de Galicia e o nome de galescola, tiña que desaparecer, era algo inventado polo BNG e había que desfacerse dese anagrama custara o que custara, seica custou 22.000 €. Iso só a galiña!. Crise, buratos negros.. Iso habíao cando chegou Feijoo, agora dende que él goberna xa desapareceu, xa él o arranxou ca súa variña de mago.
 Inventaron a "galiña azul",   a probe galiña sacáronlle unhas plumas vermellas que tiña, non fora que a identificaran cos roxos! Pero non acertaron co cambio nunca vin en internet tantos comentarios contrarios a pobre galiña.
Cal será a seguinte falcatruada de Vázquez e Feijoo?


Tags: educación, libros, públicos, privados, comedores, galego

Publicado por penadopico @ 20:56  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios