Xoves, 20 de Agosto de 2009

 

O primeiro que fixo Feijoo o chegar a Xunta foi poñer patas arriba a administración periférica da Xunta: crea a figura do “superdelegado” pero non un por provincia, se non 5 creando de facto  a 5ª provincia en Vigo. Suprime a figura dos delegados por unha nova figura a dos “xefes territoriais” figura equivalente nas lexislaturas anteriores os “secretarios de delegación”, pero como o salario é baixo increméntallelo en 3.000 € anuais.

Os “superdelegados”, créalles unha corte o carón formada por: 1 secretario/a da superdelegación, 3 secretarias/os, 2 asesores, 1 xefe de prensa, 1 xefe de sección de apoio e 2 condutores.

Os xefes territoriais, teoricamente ían ser funcionarios, é dicir, técnicos na materia, pois vai ser que non, que non son técnicos son alcaldes, ex-alcaldes, afiliados e simpatizantes.

Dun plumazo fai un ERE encuberto na administración amortizando tódalas prazas das antigas secretarias/os dedelegado. Claro os xefes territoriais no nas necesitan, pero ese diñeiro non se sabe a onde vai ir, irá para as axudas que lle deron a coz de Galicia.

Na realidade tódolos xefes territoriais seguen tendo secretaria/o, cómo se lles esta pagando a estes funcionarios? En horas extraordinarias? En dietas?

Ten os condutores dos antigos delegados cobrando o plus de dispoñibilidade de 6.000 € anuais de brazos caídos, en cambio os novos superdelegados e incluso directores xerais, teñen de choferes a persoal que non ten o plus, dixéronlles que llo ían pagar e mentras páganlles con dietas e horas extras en festivos.

Cesou a tódolos funcionarios de libre designación que non eran afíns, aínda que noutro tempo demostraran a súa profesionalidade.

Puxo en venda o audi A8 a prezo de saldo, a cambio estan comprando citroen e wolsvagens.

E o máximo foi a  modificación polo trámite de urxencia da Lei da función pública de Galicia no artigo correspondente o galego. Agora para acceder a función pública galega non fai falta que saibas galego, non é obrigatorio facer un exame en galego, polo que pode entrar na administración galega calquera que non saiba unha palabra de galego. E como consecuencia desto volveron a abrir o prazo para presentarse a tódalas oposicións que estaban convocadas, imaxino que será para que entren os amigos que non sabían galego, por iso a urxencia en sacar do medio o galego.


Tags: feijoo, galicia, administración, ERE, delegados, audi, galego

Publicado por penadopico @ 8:00  | funci?n p?blica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios