M?rcoles, 19 de Agosto de 2009

A Xunta de Feijoo representado polo conselleiro de Educación Jesús Vázquez e a conselleira de Traballo Beatriz Mato presentaron a nova imaxe das antigas “galescolas”, agora reconvertidas en  “escolas infantís” que é mais “vip” e a súa nova imaxe será a “galiña azul”. Din que coa “galiña azul” pretender “despolitizar e desideologizar”.

Según a señora Mato era imprescindíbel o cambio de imaxe para evitar “a confrontación e o debate”, e eu preguntaríalle a señora Mato: quen creou a confrontación e o debate?

Según Vázquez a nova imaxe é atractiva ós nenos, entón a de antes no no era? A bandeira galega parece que para Vázquez non representa nada.

Dín que a nova imaxe representa a "liberdade, a diversidade e a pluralidade" e "o compromiso do novo goberno da Xunta coa liberdade educativa". Xa se ve a liberdade que representa  o novo goberno cando lle dá o ensino privado 1 millón de euros e no ensino público non temos comedores, non temos ximnasios, non temos patios cubertos, non temos ordenadores...

Mato considerou que o logotipo representa unha educación infantil "libre de adoctrinamiento" e "sen ideoloxía, integradora, en igualdade e lonxe de adxudicar unha identidade preestabelecida". Pois si, libre de adoutrinamento, por iso elixen a cor azul será que lles recorda os vellos tempos de cando ían de pantalón curto.

Tamén din que non hai diñeiro para facelos cambios e que se fará de forma progresiva e que había que respectar a política de austeridade da actual Xunta, entón, había tanta presa para presentar a nova imaxe ou é que o pedía “galicia monolingüe” e o opus?

 


Tags: galescolas, galiña azul, escola infantil, xunta, educación

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios