Martes, 18 de Agosto de 2009
Feijoo chegou a Xunta de Galicia e unha das primeiras cousas que fixo foi eliminar a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, dicía que non había diñeiro.
O día 6-08-2009, no consello da Xunta tómase o acordo polo que se autoriza a modificación do compromiso plurianual que deriva da Orde pola que se aproban os concertos educativos con centros docentes.
Dicir que estos "concertos" son con centros privados, para os vindeiros catro anos. A distribución orzamentaria é a seguinte: 90,1 millóns no ano 2009, 259,1 millóns en cada un dos tres anos seguintes (2010, 2011, 2012).
Non hai diñeiro para educación pública: temos colexios con patios de grava, os ordenadores son obsoletos, non hai diñeiro para os talleres de prácticas dos estudantes de módulos de ciclos formativos, pero hai diñeiro para o ensino privado.
Feijoo cargouse dun plumazo a gratuidade dos libros de texto, non hai suficientes escolas infantis (como lle puxeron eles agora), pero a Feijoo ten moito diñeiro para dar os colexios privados, eses colexios que incluso separan os nenos por sexos, eses colexios onde falar galego é de paletos dado que eles son VIP.
O Sr. Feijoo, non ten fillos, claro se os tivera mandariaos a un centro privado, ou o mellor é que ten pensado telos e por iso esta potenciando o ensino privado.
Para que vai mellorar o Sr. Feijoo as condicións dos centros públicossi a él o público non lle interesa! Ten que pagar os votos de galicia monolingüe, do opus, dos vip,... claro el non se pode mezclar co pobo porque estos non lle dan os votos.
Como decía Castelao "mexan por nos e temos que dicir que chove".


Tags: galicia, ensino, público, privado, feijoo, opus

Publicado por penadopico @ 10:49  | outros
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios