O caso campeon non ten fin, cada pouco Dorribo sae con algo novo. Levouse por diante a Fernado Blanco, Pablo Cobian, dous directivos do IGAPE, José Blanco e agora tocoulle a quenda ó alcalde de Lugo José Orozco.
Cando foi declarar ante o Supremo, na fotografía que sae na prensa, aparece sen afeitar e con un aspeto algo desaliñado, sen embargo cando hai uns días eu o vin na rúa presentaba un aspecto espléndido. Imaxino que en función do acto que toque vai con unha imaxe ou outra. É de supoñer que para ir a declarar ante o xuíz e de cara a opinión pública non pode aparecer co aspecto que eu o vin pola rúa, é dicir, ben vestido, afeitado e engominado como acostumaba.
Probablemente sexa certo que subvencionou algunha actividade, ou algún acto, pero que me digan que empresiña que contrate obra pública nunca o fixo, o que mais e o que menos fainno coa esperanza de que lle caia algún contrato, ou se xa ten algún que lle den máis.
Pero a min e imaxino que a todo o mundo, o que máis vergoña me da de todo esto é que este señor se esta rindo de todos, primeiro chupou as subvencións, e viviu como un rei a conta de todos nos; cando o colleron negociou tirando merda contra todos para que o puxeran na rúa, e agora pretende motar de novo a empresa a costa de todos.
Pero o peor é que acabará montando a empresa de novo e voltará a meter outro pufo que teremos que pagar todos.
Puto pais.