Tarde, mal e a rastras vaise paralizar a cidade da cultura. Tiña xa que terse paralizado co bipartito, pero o mellor por iso de ser bipartito, non se paralizou.
Miles de millóns dilapidados como quen tira o diñeiro o río, diñeiro de tódolos galegos por obra e graza de don Manuel.
Por enriba a avenida que chega o Gaiás, veñen de poñerlle o seu nome, mellor que lle puxeran “avenida do despilfarro”, porque non temos para pipas e mercamos estampiñas.
E o día que don Manuel fine, grandes homenaxes e luto oficial, e ninguén se recordará do diñeiro que tirou o río de tódolos galegos.
Hipocrisía da xente.