Novacaixagalicia banco, necesitou 1.164 millóns do fondo de rescate, mais 2.464 millóns do FROB, é dicir, diñeiro de todos nós pero resulta que os seus exdirectivos leváronse indemnizacións millonarias.
Os señoritos que se levan os cartos de todos son entre outros: José Luís Pego, Oscar Rodriguez Estrada, Gregorio Gorriaran, Javier García de Paredes; entre os tres primeiros leváronse uns 23 millóns e non se sabe o que se levou José L. Mendez e os seus fillos.
Pero dado que fixeron unha xestión tan boa que levaron a caixa a ruína e hoxe en día esta calificada como "bono lixo", e en vez de sentalos a todos no banquiño pola nefasta xestión que fixeron a eles e outros mais que seguen, aínda se lles premia manténdoos con cargos de conselleiros en empresas como pode ser: CECA, Sacyr, R entre outras.
O que digo eu, este pais e moi, moi rico senón co que se leva roubado do diñeiro de todos hai moito tempo que estariamos na bancarrota.
Tags: novacaixagalicia, banco, directivos, indemnizacions, diñeiro