Feijoo tomouna dende que chegou o poder cos funcionarios, eses antigos compañeiros seus dende hai mais de vinte anos.
Feijoo teria que voltar os tempos en que era funcionario interino e reclamaba que se fixeran unhas oposicións so para os interinos e creou xunto con Carlos Negreira, Jose Maria Gonzalez e outros moitos interios a plataforma AFICA, e chegou a sentarse na Xunta de persoal dos servizos centrais cunha importante representación, compartindo mesa co CSIF, CCOO, UXT e CIG.
El sabe demáis que se os funcionarios son pouco eficientes e hai asentismo é pola pandilla de incompetentes dos que se rodeou. Ademais debe mirar o seu rededor e verá o exemplo que dan e deron os seus acólitos, vexamos: candidato de Lugo a alcalde o sr. Castiñeira: funcionario do Catastro, empresario, deputado, concelleiro e membro da xunta directiva do COAAT, cantas horas dedicaba este señor o seu posto de traballo no Catastro? ningunha, se ía por alí era para facer cousas persoais. Tiña este señor compatibilidade para todo esto?
E que me dicen da señora do sr Castiñeira que vemos tódolos dias as nove da maña indo cara a oficina, como se chegara cedo? e que me dicen desta señora o martes e xoves comprando o peixe nunha pescaderia próxima a súa casa?
Señor Feijoo, antes de dicirlle algo os funcionarios mire os persoaxes que o rodean e limpie ó seu redor.
PARA QUE CASTIÑEIRA NON SEXA ALCALDE, NON VOTES PP, hai outras alternativas.
Tags: eleccións, municipais, funcionarios, castiñeira, eficiente, lugo