Luns, 09 de Maio de 2011

Estamos xa metidos na campaña electoral para os concellos e a primeira oferta que oín o primeiro día da campaña viña do candidato do partido popular a alcaldia de Lugo e dicía: "se chego a alcaldia a inspección técnica dos edificios será gratuita".

Cantas mentiras temos que oir da boca destes personaxes.

Gustariame que Castiñeira me dixera quen vai pagar a inspección, porque o concello non ten técnicos, bueno si,  ten catro: un que ten as duas pernas fora, outro que xa ten unha fora porque se xubila, un terceiro como se non o tivera e un que traballa.

Bueno seguramente Castiñeira como técnico iría el persoalmente  facer ditas inspeccións e faríao de forma gratuita.

"Para  que Castiñeira non sexa alcalde, non votes PP" hai outras alternativas.

 


Tags: castiñeira, lugo, municipais, eleccións

Publicado por penadopico @ 8:00  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios