O Instituto Galego de Vivenda e Solo vende na súa páxina web que entregou 5 vivendas a menores de 35 anos no núcleo rural de Mazoi (Lugo).
E como foron incapaces de entregalas nos dous anos que levan gobernando dado o incompetentes que son bótanlle a culpa na demora o bipartito dicindo que as vivendas non tiñan cociñas e que no servían as caldeiras.
O proxecto inicial de ditas vivendas procedía da época que era delegado do IGVS, Antonio Bone quen posteriormente supervisaba as obras, actual director xeral do IGVS e en dito proxecto non ían as cociñas, cousa que tivo que solucionar o bipartito e contratar as cociñas e instalalas.
E claro como son unha cuadrilla de incompetentes e non foron capaces de entregar as vivendas a lexislación sobre as caldeiras cambiou e entón tiveron que cambiar as caldeiras.
Resumindo a MATI e o IGVS están gobernados por un grupo de inútiles e como non son capaces de asumir as súas responsabilidades vótanlle a culpa de todo o bipartito, pero a documentación esta nos expedientes e pódese demostrar que menten como cosacos.
Tags: igvs, vivendas, mazoi, cociñas, calefacción