O goberno do PPg xunto co visto e prace das centrais sindicais Uxt e Csif vai aprobar unha modificación da Lei da Función Pública Galega, onde se vai poder mover os funcionarios ó gusto do politiquiño da quenda coa praza incluída.
Ata agora as prazas das rpts, podíanse amortizar, pero non mover dunha consellería para outra, pois ben, a partir do ano 2011 isto vai ser posible e volverase, como xa dixen, as LD onde os xefes de servizo van ser bufóns do carguiño político.
O Csif e a Uxt cando gobernaba o bipartito estaba en contra das LDs, pero agora da o seu voto para que volten ser postos políticos.
Tamén haberá excedencias a carta, responsables de organismos autónomos cobrando mais que o presidente da Xunta, funcionarios condenados por xuiz que poden ser rehabilitados polo consello de goberno da Xunta...
Saltou hai uns días na prensa que postos de xefes de servizo, subdirectores, e persoal de postos inferiores están cobrando sen facer nada e sen praza e iso solo por ter traballado co goberno bipartito, dicía a prensa que eran sobre 51 persoas e que cobraban unha media de 50.000 € cadanseu ó ano.
Eu penso que son moitos mais, probablemente sexan 51 nos servizos centrais pero faltan tódolos das delegacións e organismos autónomos, polo que poden ser mais do triplo.
Pero na administración galega xa estamos acostumados a que nos defrauden de cotio, é mais, hai consellerías que como se acerca o final do ano van facer horas extras, vostedes entenden algo?
Sobran funcionarios, a metade están man sobre man toda a maña e despois van polas tardes facer horas extras.
Si Señores esta é a austeridade do señorito Feijoo.
Tags: funcionario, xunta galicia, administración, sindicatos