Xoves, 09 de Setembro de 2010

Leo no Pais que “El PP se suma al Bloque para que los funcionarios hablen en gallego”,  parece ser que os tres partidos votaron no parlamento para que o idioma propio sexa o  de referencia  na Xunta.

Dende o principio da autonomía cada vez que houbo un cambio de goberno, na administración mandábanse circulares a tódalos servizos para que os funcionarios falasen galego  e os escritos se fixesen en galego.

Chegou o goberno Feijoo e todo o contrario, a xente empezou a empregar sobre todo o castelán dado que o propio goberno desfaise no castelán como se fosen de Valladolid e da asco oílos co acento galego que teñen, pero pareceralles que o castelán  é  mais fino, mais   pijo   e o galego, como sempre foi empregado polos paletos, eles no no  poden falar.

Esta é a hipocrisia do PPG.

Deixolles o enderezo do artigo.:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PP/suma/Bloque/funcionarios/hablen/gallego/elpepuespgal/20100909elpgal_6/Tes


Tags: ppg, galego, paleto, hipocrisia, parlamento

Publicado por penadopico @ 11:12  | politica
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios