
Qué fixo mal ZP? Pois que debería ter consensuado ditas medidas coa oposición, terían que haberse reunido tódolos líderes da oposición e o presidente e chegar a acordos, non so os dous grupos maioritarios, se non tamén os minoritarios e os nacionalistas, esta houbera sido a única maneira de sacar a este pais da crise, pero claro ninguén quere dar o brazo a torcer e cada quen vai polo seu lado e así nos vai.
Por iso imos a ter que rezar para que o pai santo nos saque da crise xa que os humanos son incapaces de chegar a un acordo para resolver os nosos problemas.
A oración podería ser:
Presidente do goberno
Ora pro nobis
Vicepresidenta segunda
Ora pro nobis
Líderes da oposición
Ora pro nobis
Líderes sindicais
Ora pro nobis
Empresarios deste pais
Ora pro nobis
Banqueiros deste pais
Ora pro nobis
Año de deus que quitas o pecado do mundo
Perdóaos señor
Año de deus que quitas o pecado do mundo
Escóitanos señor
Año de deus que quitas o pecado do mundo
Apártanos de todos estes falcatruans
e líbranos da tentación de que nos volten a representar
Amén
Tags: crise, goberno, oposición, partidos, politicos, sindicatos