
Parece ser que o novo decreto do galego no ensino non incluirá a consulta os pais en primaria e secundaria, de momento, porque parece que si esta disposto a facelo antes de que acabe esta lexislatura, pero si consultara no caso da educación infantil de 3 a 5 anos.
Esta claro que o OPUS e galicia monolingüe son os que mandan no ensino en Galicia. Ti como pai non podes dicir se queres que o teu fillo estude matemáticas, xeografía ou inglés, iso é indiscutible pero por obra e graza do espírito santo feito home no corpo de Feijoo, podes dicir que o teu fillo non estude en galego.
A “jet” do PP e todo o seu pixerio, conseguiron que o noso idioma sega sendo rexeitado, apartado e reducido a algo simbólico, algo que solo serve en contadas ocasións para dicir unha frase ou palabra, para facer unha graza oufacer unha mofa.
Vergoña lle da a esta tropiña falar galego. Cando todos os galegos nos tíñamosque sentir orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura,... que pena que esta xente non vexa mais ala do seu nariz.
Quizá nós non o vexamos, pero o mellor un día o noso idioma volve rexurdir das catacumbas onde o quere mandar o goberno Feijoo e volve a refulxir como no seu dia brillou na época do rei Sabio:
O que levou os dinheiros
e non troux' os cavaleiros,
é por non ir nos primeiros
que faroneja?
Pois que ven cõnos prestumeiros,
maldito seja!
Tags: idioma, galego, ensino, monolingüe, galicia, cultura, catacumba