
Onte publicouse no DOG o concurso de traslados dos funcionarios de corpos xerais da Xunta de Galicia.
A Xunta anuncia na súa páxina web que é o concurso mais grande convocado para funcionarios, home será o mais grande pero non di toda a verdade xa que moitas prazas non se convocan.
Vexamos: na primeira relación de prazas que función pública pasou as centrais sindicais ofertaban prazas de nivel 26, pero por arte de birloque esas prazas retiráronse aínda que estaban vacantes, así mesmo tampouco se ofertan as prazas de nivel 28 vacantes que aparecen nas RPT (relación de postos de traballo) como de concurso e que están ocupadas en comisión de servizo ou en adscrición provisional, función pública di que as han de quitar nun concurso específico, pero o que pretenden é modelalas a medida do “bicho” poñeranlle estatura, color de ollos, de pelo...
A parte disto, retiraron moitas prazas que din que van amortizar, pero xa veremos se o fan o único que farán sera cambiarlles o nome para que siga o amigo que a ocupa en comisión de servizos.
Función pública esta prevaricando, esta tramitando comisións de servizo dunha consellería a outra cando esa consellería ten funcionarios a disposición e sen praza.
Nas oposicións permitiu que xente que era opositora actuara en dous tribunais como tribunal y fora compañeiro de outro que despois os ía examinar como opositores, e función pública tiña constancia disto pola acta do tribunal que o fixo constar, pero non fixo nada, consentiu ata que saltou a prensa.
Agora no concurso saca unhas prazas si e outras non, pero nin cesan o director nin el dimite, dignidade nos tempos de hoxe xa non queda, isto é unha vergonza, onde imos?
Tags: funcion publica, galicia, funcionarios, administracion, concurso, traslado