
A consellería de Medio Rural acaba de adxudicar a empresa Natutecnia a coordinación dos incendios forestais, xa no momento da convocatoria do concurso sabíase que dita empresa ía ser a adxudicataria dado que era a única en Galicia que reunía os requisitos esixidos na convocatoria.
Era sabido que Feijoo ía privatizar o servizo de incendios, xa tiña antecedentes: fundacións sanitarias, Correos.. que por certo xa ten déficit.
De momento segue mantendo Seaga, claro ten que diversificar, por un lado antigos funcionarios da época Fraga, noutro lado empresa pública creada polo bipartito pero con moita xente afín, e agora empresa privada do colega da quenda para acabar, algún día, externalizando o servizo de incendios, senón tempo o tempo.
Pero o paradóxico do tema é que excepto a CIG, os sindicatos están calados, ninguén di nada non sexa que non saian na foto.
Comisións non parou de facerlle o boicot o bipartito todo o tempo, que se os traxes, que se os coches, que se as instalacións, que se os plus, pero agora de repente calou, de súpeto ninguén di nada están conformes, será que esperan recibir parte da torta como nos vellos tempos, nos tempos en que se pechaban nos despachos o secretario da delegación e o representante de CC OO e UXT e saían coas listas de contratos feitas a medida.
Unha vergoña, pero temos o que nos merecemos.
Tags: incendios, forestais, galicia, privatizar, natutecnia