
Feijoo di nunha entrevista que os funcionarios son pouco “eficientes” que funciona mellor a empresa privada, dende logo sendo el funcionario non esperaba eu isto. Se me din que o di alguén que non é funcionario hasta lle daría a razón pero que o diga un funcionario, ¡que deus nos colla confesados!
Feijoo xa se esqueceu que el é funcionario, funcionario interino, claro, porque a oposición aprobouna cando xa era alto cargo da Xunta (Secretario Xeral), tanto el como o seu amigo Carlos Negreira por iso xa se esqueceu do traballo que realizaba cando era funcionario, ou é que agora considera que era pouco eficiente?
Pero, eu preguntaríalle: por que son así os funcionarios? Quen é o responsable? A explicación é moi sinxela, porque el e os seus representantes poñen de responsables a unha pandilla de lacazáns e truans.
O día seguinte as eleccións do 1 de marzo tódolos funcionarios estaban encantados, motivo? Cada quen ía facer o que lle viñera en gana, saír tantas veces como queira, e vaguear todo o que se antolle.
Os funcionarios non lles gustaba o PSOE nin o BNG, xa que eles son esixentes e pretenden cos funcionarios cumpran coas suas obrigas e traballen cousa que nunca fixo o PP, dado que todos os postos os ocupan a súa panda de enchufados.
Poñerei un exemplo, nun servizo había un funcionario posto polo bipartito, chegou o PP e aínda que non tiña motivos, cesou o funcionario e puxo unha funcionaria muller dun deputado do PP (mais vaga ca chaqueta nun ...) candidato a alcalde, vai cara a oficina as 9 da maña (será que ten un horario especial) nunca esta no despacho, o público esta farto dela porque vaia a hora que vaia ela nunca esta, os compañeiros quéixanse pero as costas a cara ninguén a da, ninguén lle di nada, claro é a muller do deputado.
Despois os funcionarios son pouco eficientes, segundo Feijoo, pero con estes exemplos como van ser eficientes, eles din que traballen os do PP.
Tags: funcionario, administracion, galicia, feijoo, eficiencia