
Un refrán di que “quen sementa vento recolle tempestades”, e iso é o que lle pasou o presidente da Xunta o outro día en Vigo, ía a un acto e ante as protestas decidiu marchar.
Feijoo leva sementando vento dende a precampaña electoral: que se os luxos do bipartido, que se os audis, que se Quintana compartia barco con Jacinto Rey, ...
Pero tódalas mentiras teñen patas curtas e o cabo dun ano a sociedade galega xa esta farta das mentiras de Feijoo e dos seus acólitos.
Pechan os comedores escolares, todos sabemos que sae mais barato contratar un servizo de catering que ter unha cociña con cociñeiros e mercar as viandas, pero a calidade non é a mesma, senón que llo pregunten a tódolos maiores ós que lles levan o xantar a casa; cando llo facían nos restaurantes próximos estaban encantados ca comida, agora a Xunta contratou un servizo de cátering para aforrar custos e a comida non hai quen a trague.
Sanidade: por suposto que é mais barato darlle a xestión a empresa privada porque eles van ir o límite no aforro dos custes, pero o servizo non é o mesmo nin os medios tampouco, o final pagamos igual para ter menos servizos ou unhos servizos cunha calidade mais baixa.
Plisan: o goberno bipartito asinara un convenio que saíu publicado no DOG despois de varios fallos xudiciais, e agora chega o prepotente do señor Bone e polos seus cataplines di que non paga un céntimo, e claro puxéronlle unha demanda por falsidade e esta pendente de xuízo tendo que declarar como imputado o vindeiro 7 de xullo. Pero é que este señor fai con todos o mesmo, un convenio que tiña asinado co concello de Viveiro, polos afectados do barrio de Celeiriño, díxolle o concello que el non quería saber nada do tema, pero en cambio para construírr vivendas en Trabada onde é alcalde o seu amigo Jose Manuel si tendiñeiro, ainda que non teña nunha triste solicitude de vivenda.
O que eu digo, este goberno esta cheo de técnicos (así se chaman eles) mediocres e vai a deriva e sen rumbo, pero o peor é que non ten oposición que lle conte a sociedade galega o que esta a acontecer.
Tags: boicot, vigo, feijoo, goberno, sanidade, plisa, comedores