
O novo goberno de Feijoo, trasladou a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia a de Facenda en un intento de darlle mais imparcialidade. Pero co paso do tempo vemos que o que fixo foi corrompela mais do que podía estar.
Primeiro votaron dos tribunais os sindicatos, empezaron a prolongar as comisións de servizos mais ala dos dous anos, cousa que o bipartito tiña prohibido, consenten comisións de servizos dunha consellería para outra cando teñen xente a disposición sen praza e as prazas dadas en comisión están no intervalo de niveis da xente cesada o que da lugar a que poidan ser denunciados por prevaricación.
Prodúcense filtracións de exames, hai causas de abstención nos tribunais e non se absteñen. Salta todo a luz pública e a única que cesan é a subdirectora de selección de persoal, que probablemente sexa a que menos culpa ten de todo.
O señor director xeral é intocable xa que é o segundo de Carlos Negreira, amigo persoal de Feijoo, e non se pode cesar e como tampouco teñen dignidade porque non saben o que é, tampouco dimite.
En toda a historia da autonomía galega nunca houbo unha función pública tan corrupta como a que temos neste momento, é de vergonza e por enriba pretenden facer un concurso de traslados sen sacar as xefaturas de servizo de concurso nas que teñen colocados os seus amigos.
Solo podo dicir: váiase señor Feijoo.
Tags: función publica, dimision, funcionarios, facenda, persoal, abstención