No DOG de onte publícase unha Orde da Consellería de Facenda pola que se acepta a renuncia os membros do tribunal de acceso o grupo A1 acceso libre e consolidación da Xunta de Galicia Javier Baltasar Fernández e Mª Dolores Seoane Viqueira como vogais titular e suplente.
Javier Baltasar Fernández é xefe de servizo de programas orzamentarios la Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda e presentouse a oposición do grupo A1 por promoción interna e sacou de nota un 15 sobre 30, e Mª. Dolores Seoane Viqueira é xefa de servizo de análise de proxectos na mesma dirección xeral acadou un 14,500 na mesma oposición.
Resulta que a presidenta do tribunal de acceso o grupo A1 consolidación e libre Lorena OteroLópez (letrada da Xunta de Galicia) do que eran membros Javier e Dolores, é a súa vez secretaria do tribunal de promoción interna no que participaban como opositores Javier e Dolores, é dicir no tribunal de acceso libre e consolidación eran compañeiros de tribunal e na oposición de promoción interna unha era tribunal e os outros dous opositores, total todo queda na casa.
Imaxino que con todo isto os opositores recorreran e terán que volver a repetir os exames, e espero que a conselleira cese a estes dous xefeciños un pouco listos, así como o director da Función Pública que xa se ve que non serve, e se lle queda algo de dignidade deberá presentar ela mesma a dimisión a Feijoo.
E para rematar a última de Feijoo en Boqueixón, un discurso para a historia o video estaba no enderezo que sinalo a continuación pero deberon de darlle un toque o que o colgou e xa desapareceu chamábase: "Señor Feijoo, que no nos calamos ostia!!
http://www.youtube.com/watch?v=4whwDtJCWDE
pero podedes atopalo aqui:
http://www.publico.es/espana/302983/feijoo/presidente/xunta/galicia/maria/mera/cena/nuevas/generaciones/ppTags: tribunal, oposición, galicia, exames, opositores, funcionario