
A función pública galega parece un circo. Primeiro non deixan participar os sindicatos nos tribunais das oposicións, despois expulsan das oposición a varios opositores por filtracións dos exames, agora dimiten dous membros dun tribunal porque eles mesmos participan noutras probas como opositores, vergonza lle había de dar a consellería de Facenda e o presidente da Xunta, ambos funcionarios da Xunta de Galicia fai un tempo.
E se fose so isto, pero a desfeita non remata aquí, teñen as RPT sen facer, teñen a centos de funcionarios cesados “a disposición” sen praza e pola contra conceden comisións de servizos a destro e sinistro a funcionarios da xunta dunha consellería para outra, da administración local, do estado, todo vale, aínda que as comisións vaian mais aló dos dous anos, das asistencias técnicas que realizan traballos dos funcionarios, mellor xa non falar.
De pena, esta función pública galega esta podre e o mellor que poden facer é dimitir o director xeral daFunción Pública e a conselleira de Facenda.
Tags: funcionarios, galicia, administración, oposicións, tribunais, probas