
A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, coñecida pola MATI, da que é conselleiro o señor Hernández, imputado por certificar obras sen executar, fixo unha auténtica criba cos funcionarios dende a súa chegada ó poder, e iso que ten como secretario da consellería a un home cabal e ecuánime.
Cesaron a subdirectores, xefes de servizo, habilitados..., non quedou ninguén, non sei se o autor da desfeita foi o propio conselleiro ou os seus secuaces que deron orden de cargarse a todos os funcionarios do bipartito, e buscar nas catacumbas a servos fieis; lóxico non sexa que saian a luz as súas falcatrúas.
Parece ser que non lle foi sinxelo atopar xente, dáse o caso que o servizo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Lugo leva vacante dende o mes de outubro do ano pasado que cesaron a xefa que tiñan, e iso que a nomeara o goberno Fraga, é mais, creo que a puxeron como xefa de servizo sendo Alberto Nuñez, conselleiro de Política Territorial, se ven o que non sei se naquela época o servizo dependía da súa consellería (xa sería rizar o rizo) pois ben, esta praza ofertáronna en comisión de servizos tres veces, esperemos que a terceira vaia a vencida.
Apartaron a xente traballadora, preocupada, independente e no seu lugar puxeron os seus amigos vagos e lacazáns, pero resulta que en moitos casos o tiro saíulles mal, e agora como ven que as cousas non funcionan baixáronse os pantalóns e recuaron e volveron a incorporar a algún cesado.
Manda chover! tanto polo cesado como polo que ordenou o cese, a verdade é que dignidade queda moi pouca e por uns patacóns véndese a nai.
Tags: mati, cese, funcionarios, persoal, conselleria