
O urbanismo galego é un caos. Nos anos das vacas gordas, empezouse a construír non so nas vilas, senón tamén na costa. Así, como moitas outras xurdiu o caso de Barreiros na costa lucense.
Barreiros, era e é un pequeno concello na costa de Lugo, non fai mais de trinta anos empezaron a construír médicos, avogados, de Lugo. Nesta primeira etapa os solares case llos regalaron os que construíron alí un chale para as vacacións ou para a fin de semana.
Pouco despois foi a xente humilde, que dado que era barato mercou alí unha finca e con grandes sacrificios fixo unha casiña, pero sen proxecto, sen licenza e sen nada, co que a maioría das vivendas existentes son ilegais.
No boom da construción a mafia do ladrillo puxo alí os seus ollos e empezou a mercar fincas a prezo de ouro. Os paisanos encantados porque vendían polo que querían, pero o problema é que o concello non ten servizos para as casas que se pretendía construír.
Con certa frecuencia visito Barreiros e cada vez que pasaba vía un edificio novo. Fai uns 10 anos o único que vías cada vez que pasabas era unha casiña nova no medio dun prado, porque cada quen construía onde lle petaba, pero cando chegou a época alta da construción, dunha visita a seguinte, aquilo non era coñecidosolo se vía ladrillo e mais ladrillo.
Un día falando con alguén do concello recoñeceume que había moitas construcións que non tiñan licenza nin posibilidade de tela, e que os construtores tiñan tódalas vivendas vendidas.
A presión sobre o concello era enorme. Éte aquí que a conselleira lles paralizou as licenzas dado as irregularidades que estaban cometendo e agora a mala da película é a conselleira, cando os únicos que actuaron irregularmente foi a mafia da construción por mercar e vender algo que non tiña licenza, pero claro como eles están acostumados a mercar todo con diñeiro…
O equipo de goberno, mais a arquitecta están sendo investigados no xulgado, pero chega o señorito Feijoo, asesorado pola mafia do ladrillo da que se rodeou e asina un convenio para legalizar todo o ilegalizable. Por enriba nos tódolos cidadáns imos pagar os excesos dos señoritos da construción por obra e graza de Feijoo. Hainos que ter ben grandes…
Tags: urbanismo, construción, barreiros, xulgado, fiscalia, corrupción