
O portavoz do PSOE no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) e Vicesecretario da executiva provincial deuse de baixa no PS de G e incorporouse o PPG, ese proxecto de Baltar.
Os políticos cambian de partido como de camisa, este non é o primeiro caso nin será o último, como di un compañeiro meu por diñeiro venden ata a súa nai.
Di que comparte ideas, proxectos, e obxectivos..., será que comparte caciquismo, enchufismo, ... Que lle deron ou ofreceron a cambio deste cambio? Seguro que co tempo o saberemos, algo gordo debeu ser.
Esta claro que o 90 % dos políticos non están en política por beneficiarnos a vostede e a min están polo seu negocio particular e iso esta demostrado.
Cantos políticos coñece vostede honestos? Cantos alcaldes, deputados, conselleiros coñece que sairán da política co mesmo que entraron?