Chegou a mafia da construción e cargouse todo o que fixera o equipo do bipartito: plan sectorial de vivenda, plan sectorial de parques empresariais (estes do goberno Fraga), normas do hábitat axudas a rehabilitación tanto rural como en cascos históricos, bolsa de aluguer, rexistro de demandantes de vivenda e pronto cargarase a lei de vivenda de Galicia.
Do Rexistro de demandantes de vivenda protexida aprobaron un novo decreto para regular tanto a vivenda de protección autonómica como a de promoción pública, pero é tan nefasto que cada día teñen unhas intrusións distintas, un dia réxense por unha norma e o dia seguinte pides información e dinche o contrario, é dicir, non saben por onde andan.
Da bolsa de aluguer derrogaron o decreto que estaba vixente, pero non aprobaron ningunha normativa nova, polo que, tanto os propietarios dos pisos como os inquilinos non saben por onde andan, solo saben que lles chegou unha carta de Xestur dicíndolles que eles daban por finalizado a súa encomenda de traballo.
Axudas para a rehabilitación de vivenda, non se sabe nada de nada o que che din e que os importes das subvencións van ser inferiores as que había.
As axudas que si están abertas son as do Ministerio de Vivenda para a rehabilitación, pero de momento non se tramitou ningunha porque aínda están estudando o que vai estar protexido e o que non.
Normasdo hábitat, aprobounas o consello da semana pasada, pero sempre para beneficiar os amigos do ladrillo.
Plans sectorias de vivenda e solo empresarial, ninguén sabe nada, iso pertence a outra galaxia.
Isto pasa cando se pon de responsable dun organismo a un inepto prepotente que se rodea de lacazáns e preguiceiros.
É dicir, pasou un ano do glorio Feijoo e nin EMPEZAMOS.

Tags: vivenda, solo, axudas, rehabilitacion, aluguer