
No consello da Xunta de onte aprobouse o decreto das novas normas do hábitat, esas normas que segundo o director de vivendas “se las cargaba” tan pronto estivese sentado na poltrona.
Parece ser que o texto pretende acadar “o respecto á autonomía municipal” evitando conflitos con “outras normativas sectoriais e coas normativas dos concellos”, ao tempo que permite unha maior “axilidade no xeito de facilitar a rehabilitación”.
Feijóo sinalou que a futura lei “evitará os longos trámites burocráticos establecidos na normativa anterior”. “Nas excepcionalidades á normativa de vivenda, terán competencia os concellos para aceptalas, e non a Xunta de Galicia, porque suporía un enorme atranco para aceptar as excepcionalidades para o cumprimento da normativa”
Claro autonomía municipal, para que o técnico municipal da quenda dé a licenza en función dos seus intereses, dependendo de que sexa un proxecto seu, bueno seu, daquela maneira, asinado polo colega, socio, ou como vostedes queiran chamarlle.
É dicir, se queres que che se aprobe a licenza e es dun concello pequeno vas xunto do aparellador ou arquitecto municipal, o que teña o concello, e pídeslle que che faga o proxecto, claro el non cho vai asinar, pero dirache dun colega que cho fará e destras estará el. Disto sabe moito o director do IGVS, por iso as normas anteriores non lle gustaban nada.
O que manda en Galicia é a mafia do ladrillo.