
Parece que o goberno central estase plantexando conxelar os soldos dos funcionarios para os anos 2011 e2012.
Realmente é algo que se podia esperar dado a situación de crise que se vive e posto que o goberno necesita aforrar e tomar medidas que a opinion pública aplauda posto que acércanse as eleccións municipais no 2011 e as estatais no 2012.
Os funcionarios son unha casta especial, cando entran na administración, sobre todo se son mozos, chegan cheos de ilusións por ter un traballo fixo e con ansias de comerse o mundo, pero segundo vai pasando o tempo as ilusións transfórmanse en decepcións e falta de motivación.
Os mais veteranos, xa estan curtidos polo que fan duas cousiñas e xa se hernian; podes ver os privilexios que teñen algúns: por exemplo inspectores (os que van o campo), non se sabe nin cando entran nin cando saen. Eu teño unha inspectora de educación que vexo a miudo sair da súa casa as 9 da maña, que eu saiba o horario para os funcionarios da Xunta é de 8:45 a 15:15; ela debe ter un horario especial.
Despois temos as mulleres de algúns políticos, esas nin tocalas! Entran as nove, esto no no fan porque non o levan elas, o outro tampouco porque non lles corresponde, etc.
Temos algún funcionario, actual director xeral, que ainda que antes das oito da maña estaba na oficina, no resto do tempo nin se lle via, nin se esperaba... con estes antecedentes, que cabe esperar?
E o colmo é cando quedan catro funcionarios que traballan, e chega unnovo goberno de iluminados e como eses catro funcionarios non son do seu agrado polo motivo que sexa, césannos a todos e poñen no seu sitioa catro ineptos amigos.
A algúns funcionarios en vez de pagarlles o soldo tiñan que pagar eles por telos nos despachos.Realmente os funcionarios son unha casta prililexiada en tódasla administracións e sobre todo na local é unhaauténtica vergonza polo que eu voto que terminarán desaparecendo e privatizando a administración como de feito se esta facendo.
Tags: salario, funcionarios, administración, conxelación