
O goberno español aprobou no ultimo consello de ministros do mes de xaneiro un plan para reducir o déficit público, e entre outros acordos pretende reducir o gasto en funcionarios.
Uns días antes o servizo de estudos do BBVA propoñia o recorte do peso dos salarios dos funcionarios no PIB.
O que esta claro é que a administración, e con ela os funcionarios, necesita unha reforma en profundidade. A administración do estado e a autonómica funcionan mal, pero a local (e tomemos como exemplo a deputación de Ourense que con 3 portas ten 34 porteiros), esa non hai quen a salve.
Temos unha administración que non é nin eficaz, nin eficiente. Os expedientes tardan meses, cando non anos en resolverse, o papeleo é inmenso, teoricamente segundo decretos, ordes... xa non necesitas presentar nin o IRPF, nin o DNI, pero despois chegas alí e dinche que necesitas presentalo, é dicir, as normas din unha cousa e despois non se cumpre e se non o presentas quen se fastidia é o administrado.
E que dicir dos funcionarios, sobran senon a metade si a terceira parte. Van a traballar as nove da maña, outros ainda mais tarde, outros nin van estan de baixa, ou póñense enfermos cada dous por tres. Os que van pásanse a maña lendo o periodico, falando uns con outros, xogando o solitario, mandando correos, etc. Resumindo traballan unha hora en toda a maña, porque despois teñen que tomar cafe, tomar o viño da mediodia... Esto non hai pais que o resista.
Quen ten a culpa disto? Os políticos cas suas prevendas, prevendas aos amigos e como os demais non son tolos, fain o que ven.
En fin, que esta administración necesita unha reconversión como a do naval do primeiro goberno socialista.
Tags: administración, funcionarios, reconversión