
O PP de Ourense esta coas espadas no mais alto. Rajoy chamou a Baltar para intentar chegar a un acordo despois de que Feijoo non conseguise nada, pero parece que non hai acordo e que as espadas seguen no alto.
A proposta era a integración na lista de Baltar de Jimenez, Rogelio Martinez e Ojea, pero Baltar non acepta, lóxico se acepta nun plis plas fanse co poder e póñeno na rúa e diso sabe moito Baltar, xa que foi o que fixo con Victorino Nuñez cando se foi de presidente do Parlamento Galego.
Coñecín un alcalde do PP que dicía “os votos son meus” e de verdade que era certo, cando se foi (ou o botaron) dixéronme que na campaña electoral o viran co candidato da oposición e que fixera campaña para este. En verdade debeu ser certo xa que o candidato do PSOE, de estar na oposición pasou a ter maioría absoluta. A Baltar pásalle o mesmo, sobre todo no rural.
E mais, creo que Baltar non esta solo nisto. O pasado día 23 na “Voz de Galicia” saíu unha páxina enteira coa antiga secretaria do PP de Lugo, onde di que en Lugo hai tres sectores, o de Garcie Diez, o de Cacharro e o terceiro que non cita que debe ser o de Castiñeira e a actual superdelegada Raquel Arias, sector do birrete.
Eu vexo nisto un aviso a navegantes, un aviso a Feijoo “ollo que Baltar non esta so, se el se vai o mellor non é o único”. Feijoo conta co apoio absoluto na Coruña da man do seu amigo Negreira, pero esta claro que en Pontevedra, Ourense e Lugo pódenlle dar as costas.
Isto esta que arde, veremos que pasa o día 30 en Ourense.